TURISMO RURAL PARA PERSOAS MAIORES

25 de Outubro do 2022

Viaxe de familiarización de periodistas e axentes de intermediación. Do 25 ao 28 de outubro do 2022. Promovido pola FEGATUR, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. Coordinado por AGAVI (Asociación Galega de Axencias de Viaxe).

Dado o crecente interese entre persoas maiores polo turismo rural, a FEGATUR, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, e coordinada pola AGAVI está a promover unha viaxe de familiarización cun grupo integrado por periodistas e axentes de intermediación especializadas en turismo senior, que se achegarán a Galicia desde distintos puntos da península. Durante tres días, terán a oportunidade de coñecer propostas aloxativas e experienciais vinculadas ao turismo rural.


A Estrada e as terras do Deza, as terras luguesas de Chantada, Taboada, O Saviñao ou Sober, e as ourensás de Allariz e Ramirás serán lugares de distintos momentos de encontro.



A visita arrincará mañá mércores 26 de outubro, a partires das 10:30 en A Estrada, na Casa Torres de Moreda, onde tras o almorzo, realizarán unha visita polo pomar da casa, visita na que tamén participarán persoas propietarias de aloxamentos rurais. Tras o paseo, haberá ocasión para intercambiar propostas e continuar Conversas, algo que de novo terá lugar o xoves 27 de outubro a partires das 20:30 horas na Casa Grande de Rosende en Sober.


Búscase facilitar espazos de encontro, para xuntas achegarse, escoitar e aprender, intercambiar e amosar o grande e potente abano de oportunidades que o turismo rural galego posúe. Con estas accións presentaranse, ademais dos aloxamentos galegos, diversas propostas e experiencias vinculadas ao mesmo. Tanto periodistas como axentes intermediarios poderán así elaborar e paquetizar productos de turismo rural de Galicia dirixidos ao público senior.

O RURAL E O TURISMO, O COMÚN INTERESE QUE NOS UNE

Conscientes da complexa situación actual, mais tamén do interese que o sector ten para Galicia, desde a FEGATUR alentamos experiencias coma estas que permiten promover e potenciar a cooperación e a creación de redes colaborativas que axudan no intercambio de referencias de negocio, establecemento de redes e o fomento do asociacionismo. De igual xeito, o achegamento a proxectos, experiencias e actividades, ao patrimonio e á cultura, permite que as persoas descubramos e tomemos en consideración novas sendas que están florecendo ao noso carón.

Encontros coma este alentan a seguirmos na tarefa de acadar un rural forte e diferenciado, con valores propios excepcionais que lle engaden valor grazas á renovada e novidosa oferta que o turismo rural ven ofrecendo.

Desde a FEGATUR seguimos  contribuíndo e traballando para acadar un turismo rural sostible, colaborativo e rexenerador.

“Os aloxamentos rurais precisamos coñecer que está a requerir e demandar o público senior que fuxe de grupos grandes, ofertas estandarizadas e de baixo custe. Cales son os elementos de diferenciación e calidade propios do turismo rural que están a procurar moitas persoas maiores, ou como ofrecer modelos de turismo rural calmos, sostibles e rexenerativos. Mesmo saber de exemplos que xa funcionan”.

Esta acción enmárcase dentro do convenio que Fegatur ten coa Axencia de Turismo de Galicia. Nesta viaxe de familiarización exercerán de anfitrións Francisco Xabier Almuíña Chorén presidente da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e Juan Rivadulla, presidente da AGAVI (Asociación Galega de Axencias de Viaxe).


PROGRAMA

Martes, 25 de outubro

21:00 Chegada e acollida en Santiago. De camiño para A Estrada cea na Senra (Pontevea).

23:30 Chegada ao aloxamento Casa Torres de Moreda.

Mércores, 26 de outubro

09:30  Almorzo.

10:30  Visita paseo polo pomar da casa, conversa con persoas propietarias de aloxamentos de turismo rural.

13:30 Xantar na Feira de A Estrada”. Carpa da pulpería Porta.

15:00 Rumbo á Ribeira Sacra.

16:30 Ruta sensorial polo “Paseo das ben amadas” canda a Francisco.

18:30 Visita a Abadía da Cova. Degustación dos seus viños e queixos Airas Moniz.

20:30 Cea na Casa do Romualdo.

23:30 Chegada ao aloxamento Casa Grande de Rosende.

Xoves, 27 de outubro

09:30 Almorzo.

12:00 Embarcando para navegar polo Río Sil.

13:20 Contemplando o Cañón do Sil dende Cadeiras.

14:00 Comida no restaurante O Castelo da adega Algueira.

16:30 Visita ao Pazo de Tor e a Monforte de Lemos.

20:30 Cena bufet departindo con persoas propietarias de casas de turismo rural.

Venres, 28 de outubro

09:00 Almorzo e check-out.

11:00 Visita á vila de Allariz.

13:15 Xantar no establecemento de turismo rural “Casa Ramirás”.

15:30 Saída cara a estación do AVE de Ourense.


Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.