Como asociarse?

Podes facerte socio de Fegatur a través da asociación da túa zona de referencia ou a título individual no caso de non haber asociación.

Enviar solicitude

Todos aqueles establecementos que non contan con asociación comarcal federada poderán facerse socios a través do seguinte formulario.

Inscrición
01
02

Revisión e comunicación

Unha vez aceptada a admisión en Xunta Directiva, será comunicada ao establecemento solicitante e remitido o correspondente recibo anual.
En 2021, o recibo anual ascenderá a 100€ para os socios colaboradores, incluído o correspondente custo do seguro de responsabilidade civil compartida.

Abono do recibo anual

O abono do recibo anual realizarase preferentemente a través de domiciliación bancaria, podendo realizarse tamén por transferencia bancaria.
No caso de devolución de recibos domiciliados, os custes asociados serán cargados ao correspondente socio colaborador.

03
04

Activación

Unha vez abonado o correspondente recibo anual poderase beneficiar de tódolos servizos.

Fegatur e as asociacións

FEGATUR, Federación Galega de Turismo Rural, é unha entidade non lucrativa profesional que se constitúe en xullo de 2003 co obxecto de aglutinar ao sector do turismo rural de Galicia. A súa misión é contribuír ao desenvolvemento de iniciativas empresariais de aloxamento vencelladas ao medio rural galego e comprometidas coa calidade na atención aos hospedes.

En 2020 forman parte de FEGATUR cinco asociacións comarcais (Campo e Mar, Limia Verde, Lugo Costa, Mar de Compostela e Ribeira Sacra Rural) e un total de 224 establecementos de aloxamento turístico. Terán dereitos completos na federación unicamente as asociacións comarcais en calidade de socios numerarios.

A Xunta Directiva de Fegatur escollida en setembro de 2020 está conformada por: Francisco Xabier Almuíña Chorén, Presidente (As. Ribeira Sacra Rural); Luis Filipe Rodrigues Pires, Secretario (As. Limia Verde); Cesáreo González Pardal, Tesoureiro (As. Campo e Mar); Ana María Villamayor Torres, Vogal (As. Mar de Compostela); e Xosé Ramón Fernández Álvarez, Vogal (As. Lugo Costa)

Contacto das asociacións comarcais

Asociación Campo e Mar. 
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Sar-Barbanza e Terras de Santiago. 
· Contacto: 609123441 | pardalcg@yahoo.es

Asociación Limia Verde. 
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Celanova-Limia e Terras de Ourense e Allariz.
· Contacto: 697689635 | limiaverde@gmail.com

Asociación Lugo Costa. 
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Mariña Lucense
· Contacto: 687854290 | goleta@fincagoleta.com

Asociación Mar de Compostela. 
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Deza-Tabeirós
· Contacto: 699339794 | mardecompostela@yahoo.es

Asociación Ribeira Sacra Rural. 
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Ribeira Sacra 
· Contacto: 666160641 | risarural@gmail.com

Plan de acción 2020-2022

A Xunta Directiva escollida en setembro de 2020 propúxose o reto de definir un Plan de acción para o período 2020-2022 no que se aborde o reto de enfrontar a crise motivada pola pandemia ocasionada pola Covid-19, proporcionando aos asociados instrumentos que melloren o seu posicionamento diferencial e ferramentas que faciliten a súa comercialización dixital.

Tamén se propón unha intensa interlocución coas administracións públicas, particularmente coa Xunta de Galicia, que contribúa a mellorar a competitividade dun sector que nestes momentos presenta unhas avantaxes comparativas diferenciais (oferta desconxestionada, proximidade a contornos naturais, atención personalizada, etc). Nesta liña xa se veñen desenvolvendo dende xuño de 2020 proxectos de capacitación específica e de mellora na comercialización dixital, que se agarda continuar e ampliar durante 2021 .

Se tes algunha dúbida contacta connosco a través do 631 17 92 52 ou no mail info@fegatur.org

Impulsando o Turismo no Rural de Galicia

Somos a voz dos establecementos de turismo rural asociados para mellorar a súa visibilidade e competitividade.