FEGATUR, Federación Galega de Turismo Rural, é unha entidade non lucrativa profesional que se constitúe en xullo de 2003 co obxecto de aglutinar ao sector do turismo rural de Galicia. A súa misión é contribuír ao desenvolvemento de iniciativas empresariais de aloxamento vencelladas ao medio rural galego e comprometidas coa calidade na atención aos hospedes.
En 2020 forman parte de FEGATUR cinco asociacións comarcais (Campo e Mar, Limia Verde, Lugo Costa, Mar de Compostela e Ribeira Sacra Rural) e un total de 125 establecementos de aloxamento turístico. Terán dereitos completos na federación unicamente as asociacións comarcais en calidade de socios numerarios.
A Xunta Directiva de Fegatur escollida en setembro de 2020 está conformada por: Francisco Xabier Almuíña Chorén, Presidente (As. Ribeira Sacra Rural); Luis Filipe Rodrigues Pires, Secretario (As. Limia Verde); Cesáreo González Pardal, Tesoureiro (As. Campo e Mar); Ana María Villamayor Torres, Vogal (As. Mar de Compostela); e Xosé Ramón Fernández Álvarez, Vogal (As. Lugo Costa)
Asociación Campo e Mar.
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Sar-Barbanza e Terras de Santiago.
· Contacto: 609123441 | pardalcg@yahoo.es
Asociación Limia Verde.
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Celanova-Limia e Terras de Ourense e Allariz.
· Contacto: 697689635 | limiaverde@gmail.com
Asociación Lugo Costa.
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Mariña Lucense
· Contacto: 687854290 | goleta@fincagoleta.com
Asociación Mar de Compostela.
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Deza-Tabeirós
· Contacto: 699339794 | mardecompostela@yahoo.es
Asociación Ribeira Sacra Rural.
· Ámbito xeográfico: Xeodestino Ribeira Sacra
· Contacto: 666160641 | risarural@gmail.com
A Xunta Directiva escollida en setembro de 2020 propúxose o reto de definir un Plan de acción para o período 2020-2022 no que se aborde o reto de enfrontar a crise motivada pola pandemia ocasionada pola Covid-19, proporcionando aos asociados instrumentos que melloren o seu posicionamento diferencial e ferramentas que faciliten a súa comercialización dixital.
Tamén se propón unha intensa interlocución coas administracións públicas, particularmente coa Xunta de Galicia, que contribúa a mellorar a competitividade dun sector que nestes momentos presenta unhas avantaxes comparativas diferenciais (oferta desconxestionada, proximidade a contornos naturais, atención personalizada, etc). Nesta liña xa se veñen desenvolvendo dende xuño de 2020 proxectos de capacitación específica e de mellora na comercialización dixital, que se agarda continuar e ampliar durante 2021 .
Somos a voz dos establecementos de turismo rural asociados para mellorar a súa visibilidade e competitividade.