03 de decembro do 2021
O Faro de Vigo fai eco da boa acollida nos aloxamentos de turismo rural de Galicia ante as condicións adversas relacionadas coas "previsións climatolóxicas, os recelos que desperta a variante ómicron do coronavirus e as chamadas a reducir a interacción social ante o aumento de contaxios".
Fai clic aquí para ler a nova completa.
No seu artigo comentan como, a pesar destas circunstancias, "o sector do aloxamento turístico galego presentará unha moi boa entrada durante a ponte da próxima semana. Producíronse cancelacións de reservas de hoteis nos últimos días, pero aínda así a patronal espera cubrir entre o 80% e o 90% das prazas.
Pero a rama que mellorará as súas perspectivas son as casas de turismo rural, que viron como dende fai un par de xornadas espertaron maior interese e sucédense as chamadas para concertar reservas, circunstancia que a Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) atribúe ás novas restricións impostas en Portugal para cruzar a súa fronteira ante o aumento de casos de COVID en toda Europa e a aparición da variante ómicron."
O artigo tamén menciona parte dunha conversación co presidente de Fegatur, Francisco Javier Almuíña, na que comentaba que "ante a persistencia do mal tempo comezaron a cancelarse reservas, pero acto seguido esta tendencia compensouse con creces co interese mostrado por novos clientes para pasar a ponte da Constitución en Aloxamentos de Turismo Rural, clientes que inicialmente tiñan pensado saír fóra da comunidade. A iso súmase tamén que antes do 15 de decembro teñen que consumirse os bonos turísticos subvencionados pola Xunta, co que a demanda de prazas é moi alta.
Así que o sector traballa cunhas previsións de ocupación de entre o 90% e o 100% na montaña e a Ribeira Sacra e uns niveis uns pouco inferiores no litoral e xa máis baixo na Mariña e o norte da comunidade. “Unha moi boa ocupación”, destaca Almuiña, que lembra, en todo caso, que a rama do turismo rural está a funcionar como un “sector refuxio” durante toda a pandemia polas súas propias características, como estar situado en paraxes naturais, espazos abertos e lonxe das glomeracións."
Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.