Galicia turismo rural, a sinfonía dos abrazos

19 de xaneiro do 2022

É un bo antídoto contra o desacougo e o estrés.

Reequilibra o sistema nervioso.

É multiusos e mergullable.

QUÉ É, QUÉ É?


Transmite emocións sen dicir una verba.

Recarga de enerxía e bo humor.

É reconfortante e motivador.

Ofrécese na ledicia e na dor. Fortalece a autoestima.

É unha demostración de agarimo e apoio.

QUÉ É, QUÉ É?


Estas son algunhas das pistas que se viñan ofrecendo ás persoas que se asomaron ás redes da Galicia Turismo Rural desde o pasado 13 de xaneiro.


Sabías que o día 21 de xaneiro de cada ano é o día mundial do Abrazo?

Alarmado polas escasas demostracións de afecto que a xente, incluida a súa propia familia, manifestaba en público, Kevin Zaborney, decidíu crear A conmemoración o 21 de xaneiro de 1986, no povo de Clio, no estado americano de Michigan.


Sabías que, durante o confinamento pola pandemia, o que máis botou en falla a humanidade foron os abrazos?

E sabías cal é o lema da Feira FITUR 2022... Abrazamos ao mundo! Máis acaido imposible!


Pois na Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) estamos de estrea mundial.

A estrea en FITUR mañán día 20 de xaneiro a partires das 16:15 horas.

Mañán será o día da proxección de "Galicia turismo rural, A sinfonía dos abrazos" no stand de Galicia.


A ver se conseguimos que se transmita pola nosa canle de Youtube. Danos que vai gustar moito e que igual é das candidatas a premio.

Sentimos dicirvos que este ano suspenderon a alfombra vermella así que lucir, luciremos ben pero  con sentidiño e con sorpresas para as persoas que asistan. Por certo, acéptanse consellos.

Imos entregar as condecorazóns... si lestes ben CON DE CORAZÓNS!!!!  .


Iremos contando.

Boa vida, paz e ben.

Actualidade no turismo rural de Galicia

Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.