26 de febreiro de 2021
A partir deste venres 26 de febreiro empézase a producir a desescalada progresiva da hostelaría, motivo polo que se ven de publicar unha normativa específica. De seguido resumimos algúns dos aspectos máis salientables.
O Plan de hostalaría segura de Galicia vense de publicar no DOGA este 25 de febreiro de 2021 (ACCEDER) e nel recóllense as capacidades máximas, a información que hai que proporcionar ás persoas usuarias, as regras de disposición do mobiliario, a obriga de empregar QR (ver procedemento do Cluster Turismo de Galicia) e outros aspectos de seguimento e inspección.
De xeito operativo o máis destacado do citado procedemento é o cartel no que conste a seguinte información:
a) Interior:
b) Exterior:
Ademáis, resulta oportuno reproducir o texto da introdución do Plan que xustifica a acción:
"A Xunta de Galicia, consciente da importancia do sector e da necesidade de manter a súa viabilidade, ten acordado cos representantes do sector hostaleiro de Galicia un compromiso de reactivación segura que se fundamentará en tres piares básicos: acadar a máxima seguridade no acceso aos establecementos, o máximo seguimento de posibles gromos e posibilitar o máximo control no cumprimento das disposicións sanitarias vixentes. Para tal efecto, e co obxectivo de garantir a máxima seguridade tanto para as persoas traballadoras coma para as persoas usuarias, cómpre incidir no control dos niveis de ocupación e na necesidade de manter en todo momento as normas hixiénico-sanitarias básicas de limpeza de mans e superficies, nas distancias de seguridade interpersoal, no uso de máscara e na limitación dos tempos de contacto. Ao mesmo tempo, cómpre establecer mecanismos que faciliten un rápido e eficaz rastrexo dos contactos no caso de detección de positivos, para a contención da propagación da enfermidade entre o resto das persoas traballadoras e usuarias. Todo isto debe completarse tamén coa necesaria información que debe transmitirse ás persoas usuarias en relación coas capacidades dos locais e niveis de ocupación, tanto en interior como en exterior, lembrándolles en todo momento a necesidade de observar as medidas básicas de prevención"
Por outra banda, recóllese neste ENLACE o mapa de restriccións vixentes a partir dos datos da Xunta de Galicia. Tamén a Orde do 25 de febreiro coas restriccións vixentes (ACCEDER).
Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.