25 de setembro de 2021
O Presidente de Fegatur da resposta ás preguntas realizadas polos asociados en relación co novo Plan de Hostalería Segura que ven de aprobar a Xunta de Galicia (ver Orde de 23 de setembro)
Diante das dúbidas que o Plan de Hostalaría segura ven suscitansdo en persoas propietarias de establecementos de turismo rural, realizouse unha consulta a través da Presidencia do Clúster de Turismo de Galicia.
En concreto preguntamos o seguinte: É de aplicación nos establecementos de turismo rural de Galicia, o recollido neste Plan? Deben os establecementos de turismo rural aterse ao citado Plan igual que o fai un bar/restaurante?. É de aplicación no turismo rural a clasificación por cunchiñas 1 ou 2?. Temos que facer máis formación como se establece no citado Plan?
A resposta recibida á primeira cuestión é que cando os espazos de comedor, cafetaría e/ou bar son de uso exclusivo das persoas aloxadas, este Plan de Hostalaría segura non é de aplicación.
Tan só deberán aplicalo aqueles establecementos de turismo rural que teñan servizo de restaurante, bar ou cafetaría, abertos ao público.
Por outra banda, cómpre levar que unha boa parte do persoal que traballa no turismo rural realizou o ano pasado formación COVID recoñecida a través da Federación, e que está en plena vixencia.
Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.