20 de febreiro de 2021
Dende Fegatur estamos promovendo a reflexión sobre como abordar o curto prazo e o medio prazo. Todos os expertos fan referencia a un momento de alta volatilidade, pero tamén recomendan que non hai que quedarse de brazos caídos e que cómpre seguir remando. De seguido recopilamos algunhas das reflexións as que poidemos acceder durante estes días. Esperamos que vos sexan de utilidade.
Semana Santa
No tocante a Semana Santa, todas as informacións diríxense a que non se vai abrir: así o traslada o sector turístico (ver artigo na Voz de Galicia do 19 de febreiro) e a administración turística (ver artigo na Voz de Galicia do 20 de febreiro).
O Presidente de Fegatur, Francisco Almuíña, indica no primeiro dos artigos: "reconoce que le haría ilusión que para entonces estuviese permitida la movilidad al menos para los gallegos dentro de la comunidad, pero también aboga por la prudencia. «Facer as cousas atropeladamente non dá bo resultado. É mellor ser cautos, esperar un pouco, e non estragar por Semana Santa o resto do ano. Se duro é esperar, máis duro é ter que volver levantarse».
Traballos a facer entretanto
Para empezar, lembraros que na entrada do blog do 18 de febreiro tendes resumidas as conclusións dun grupo de discusión promovido por Fegatur no que participaron 15 establecementos. Segue facendo falla presionar ás administracións públicas para que actúen e actúen rápidamente, así como que o sector lembre que ten deberes que facer para porse ao día se queremos poder competir no momento de maio ou xuño que se reactive a actividade. Algunhas recomendacións que vos facemos é por a punto os vosos sistemas de xestión interna, actualizar a vosa estratexia de comunicación e comercialización (web orientada á conversión, sistema de reserva e de prechecking, estratexia comercializadora incorporando recursos propios e alleos, etc), establecer alianzas con establecementos próximos ou da asociación á que pertencedes, etc.
Entre as accións que xa se poden realizar de inmediato é analizar a convocatoria de axudas de infraestructuras de turismo e de mellora paisaxística e de embelecemento a carón do Camiño de Santaigo (rematan o 4 de marzo). Podedes ver sección Axudas de Turismo de Galicia na web de Fegatur.
Tamén está aberta a convocatoria do II Plan de rescate Xunta de Galicia (ver sección Outras Axudas da Xunta de Galicia na web de Fegatur), cunha liña para autónomos e outra para microempresas (se tendes traballadores por conta allea). O prazo remata o 19 de marzo, pero canto antes se solicite antes se obterá resposta. Lembrar que nesta edición, entre outros criterios está a comparación entre a facturación de 2020 e a de 2019, tendo que ser inferior como mínimo no 45%. Segundo a porcertanxe pode haber acceso a unha axuda entre 1.200 euros e 3.000 euros para os autónomos.
Por parte de Fegatur estamos planificando propostas de formación interna e outras accións de promoción que agardamos poder negociar coa Axencia Turismo de Galicia de cara a reapertura. En canto vaiamos tendo concrecións, irémosvos informando.
Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.