08 de agosto do 2022
Día12 de Agosto de 2022
Duración:A partires das 22 horas
Formade Participar: Sube un vídeo ás túas redes co #hastag #abrazaorural
Os lumes que asolan o ruralestán a levar a tristura e o desalento a moita xente, a provocar a perda defogares e recursos así como da rica flora e fauna de espazos emblemáticos.Seguen a proxectar, ademais, unha imaxe desoladora e desalentadora do campogalego, reflectíndose de maneirasignificativa na merma e cancelación de reservas en establecementos de turismono medio rural.
Coa fin de contribuír a paliar en algodita situación, o vindeiro venres 12de Agosto de 2022, a partires das 22 horas, galiciaturismorural.esconvídate a compartir unha experiencia única co mundo: nunha das noitadas demaior intensidade da chuvia de estrelas, coñecida tamén como as Perseidas oubágoas de san Lourenzo, crearemos un evento público co #HASHTAG, #abrazaorural.
Ao amparo da estrela Rosalía de Castro-luceiro que reloce no ceo canda o planeta Río Sar e que desde hai tres anosleva o seu nome- difundiremos en directo polas Redes, a maxia universal desanoite.
Farémolo porque, sendo conscientes do pequenas que as persoas somosno medio do universo, tamén o somos do grandes que podemos chegar a ser
traballandoen común, alentando e facendo posible outro rural no que vivir coidando del eda humanidade.
AO REFREXO DO BRANCO LUAR
Esteano, ademáis, a lúa chea brillará no firmamento competindo en esplendor coa propiachuvia de estrelas. Por iso, o obxectivo será converter todo o fenómeno en“trending topic”. Grazas ás publicacións e directos das persoas que, esa noitee desde calquera lugar de Galicia onde a contaminación lumínica llo permita,apunten coa cámara do seu móbil ao firmamento, apalparemos a lúa e xunguiremosa terra co ceo nun poderoso e telúrico abrazo.
O ECO DA SINFONÍA DOS ABRAZOS
Como suxire o recenteestreado Spot “A Sinfonía dos Abrazos_Verán”, con este sinxelo xesto, desde galiciaturismorurale baixo o amparo das estrelas, as persoas anfitrioas dos aloxamentos de turismorural de Galicia manifestamos o noso compromiso de traballar acotío poloplaneta común e de acoller con agarimo a cantas persoas de ben aportencoñecementos, capacidades, alento e esforzo na tarefa de traer de novo vida ásterras que esmorecen abrasadas polo lume e o abandono.
QUÉÉ UNHA CHUVIA DE ESTRELAS ?
A chuvia de Estrelas, tamén coñecida como as Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo,é un fenómeno que acontece cada ano entre os meses de xullo e agosto. Segundo amitoloxía grega, Zeus, baixou un día á terra e ficou namorado de Danae. Tancego de amor quedou, que non foi quen de resolver naquel intre como achegarse aela.
Un día, deentre as mouras nubes dunha formidable tormenta, xurdiu unha dourada nube, queachegándose ate Danae -encerrada por seu pai nunha torre de bronce ca fin deevitar unha nefasta profecía do Oráculo - derramou sobre ela pingas de ouro. Foi ese o xeitourdido por Zeus para o seu divino encontro. E de tal unión naceu Perseo. Este,dende que os deuses o converteron en constelación, derrama cada ano unha chuviade estrelas sobre a terra en lembranza de como foi concibido.
O nomedas bágoas de San Lourenzo provén do martiroloxio cristiá. Segundo este, o 10de agosto do ano 258, San Lorenzo foi queimado vivo en Roma sobre unha grella.Dito relato recolle que as súas bágoas en contacto co lume tornáronse douradase subiron en ofrenda cara ao ceo do que, en lembranza do acontecido, pingan denovo en forma de estrelas fugaces.
Sen menoscabo das lendas, a explicacióncientífica de tal fenómeno é quedurante esas noites prodúcese un incremento na actividade dos meteoroides queproveñen do cometa 109P/Swift-Tuttle, sobre cuxa órbita cada ano transita á daTerra entre o 16 de xullo e o 24 de agosto. O impacto dos graos de po ao entrarna atmosfera, -a velocidade moi alta e a fricción dos mesmos cos gasespresentes na atmosfera-, fúndeos a moi altas temperaturas, facendo que brillenincandescentes uns segundos antes da súa desintegración.
Tanto en Galicia coma no resto do hemisferio Norte, a súa máxima actividade prodúceseentre o 10 e o 13 de agosto. Seica quen neses días, erga os ollos na procuradeste prodixio, halle resultar imposible resistir á tentación de invocar undesexo. Polo que din, se este se fai dun xeito sentido, case sempre se cumpre.Ogallá que así sexa!
Un cordialsaúdo e que a forza que desta terra agroma siga alentando ás persoas que candanós fan camiño, pondo vida e sentimento.
FranciscoXabier Almuíña Chorén
Presidenteda Federación Galega de Turismo Rural
Contacto:639 639 393 / presidencia.fegatur@gmail.com
Canlede Youtube: GaliciaTurismo Rural: A Sinfonía dos Abrazos. Veran.
Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.