08 de marzo do 2022
A Xunta de Galicia abre o prazo de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia22. Os establecementos de turismo rural pódense adherir a esta iniciativa cumplimentando o procedemento que se adxunta a continuación.
Ademáis de dispor do REAT, compre ter coñecemento da sinatura que se lles proporcionou no momento da alta no citado rexistro e dispoñer de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.
Lembrade que no caso dos aloxamentos de turismo rural, no momento de darse de alta, debemos de seleccionar a opción de "Aloxamentos/servizos ou produtos específicos que se oferten".
O Bono turístico 2022 #QuedamosenGalicia é unha tarxeta de prepagamento que se entregará ás persoas que resulten beneficiarias do procedemento aberto para os efectos, que se activará no momento en que a persoa beneficiaria cumpra cos requisitos determinados nel. A tarxeta prepagamento, que emitirá a entidade bancaria colaboradora, estará operativa ata o 31 de decembro de 2022, data en que perderá a súa vixencia. Poderá ser empregada nos establecementos adheridos ao programa.
As persoas beneficiarias do Bono turístico 2022 #QuedamosenGalicia poderán consumir os servizos ofertados para este programa no establecemento adherido. No caso de que se faga reserva previa, esta pode ser realizada directamente no establecemento ou en calquera web de central de reservas que non implique prepagamento desta, e será necesario que o pagamento se realice no propio establecemento utilizando un TPV físico contratado con calquera entidade financeira que participe nos sistemas de medios de pagamento españois.
As persoas beneficiarias poderán utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial, así como completar os pagamentos, de non ter saldo suficiente, con outras formas de pagamento admitidas polo establecemento turístico.
Podedes atopar máis información facendo clic aquí, a través do teléfono 900 815 334 ou escribindo a info-galiciadestinoseguro@xunta.gal.
Todas as novas relacionadas coa dinámica da Federación e co turismo rural de Galicia.