Fegatur, en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, organiza un programa de viaxes de familiarización coas axencias de viaxes de Galicia de cara a promover o turismo rural no Xacobeo 2021-22.
Nesta edición está previsto difundir o Camiño de Inverno, o Camiño do Norte, a Vía da Prata e o Camiño de Fisterra-Muxía.
Información para profesionais do sector do turismo rural
Grazas ao convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) en colaboración coa Asociación de turoperadores receptivos de Galicia (ATREGA) e a Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI) está a promover a organización de viaxes de familiarización (fam trips) en catro dos camiños de Santiago (Camiño de Inverno, Camiño do Norte, Vía da Prata e Camiño de Fisterra-Muxía). Trátase dunha primeira aproximación ao turismo rural e a súa oferta diferencial e de calidade para as persoas que peregrinan.
Máis de 50 axentes de viaxes de Galicia van poder comprobar por eles mesmos a conexión do turismo rural e a ampla oferta de experiencias presentes ao carón dos camiños e coas que logo elaborar atractivos paquetes turísticos para os seus clientes.
Entre o 23 de novembro e o 3 de decembro este programa de promoción do turismo rural galego inserido no marco do Xacobeo 2021-22 combinará o amplo abano de experiencias coa oferta de aloxamento e gastronomía que seguirán a ofertar os establecementos de turismo rural galegos durante o vindeiro ano 2022.
O turismo rural de Galicia, na situación de pandemia que vimos vivindo, ven sendo un dos principais recursos turísticos nos que as persoas atopan unha inmellorable posibilidade de descanso e lecer na nosa terra.
Este programa vai permitir explorar novos públicos e novos territorios para as persoas que anceian e procuran nos camiños de Santiago -na súa paisaxe e patrimonio natural e cultural- e na singularidade do rural galego, razóns dabondo para o reencontro consigo mesmas.
Todo este achegamento entre persoas propietarias de establecementos e as que traballan no sector das axencias de viaxes vai propiciar un intenso intercambio nos Encontros de traballo e intercambio previstos en cada un dos famtrips, buscando definir novas sinerxías e contribuír á desestacionalización e diferenciación do turismo rural galego.
Para recibir máis información do programa, contactar coa Secretaría Técnica de Fegatur en fegatur@gmail.com e 631 17 92 52.
Se queres participar no encontro presencial entre establecementos de turismo rural e axencias de viaxe de Galicia para a promoción do Turismo Rural no marco do Xacobeo 2021-22 cubre o seguinte formulario.
Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural
Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural
Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural
Únete ao Fam Trip máis próximo ao teu aloxamento de turismo rural