Galicia Turismo Rural Seguro


Campaña de reapertura dos establecementos rurais de Galicia.

Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) xunto coas asociacións de turismo rural de distintos xeodestinos, están a promover unha campaña de formación para o persoal dos establecementos de aloxamento rural con motivo da reapertura despois da crise da Covid-19.

Esta campaña é posible grazas a un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia) dentro da estratexia “Galicia Destino Seguro”

finalidade das accións formativas é capacitar ao persoal dos establecementos nas medidas hixiénico-sanitarias que permitan reducir o contaxio pola Covid-19 e garantir aos clientes unha reapertura na que se ofrezan condicións seguras de acollida, recepción e estadía.

Os destinatarios das accións formativas son os establecementos de Turismo Rural de Galicia inscritos no rexistro de actividades turísticas de Galicia (REAT). Hai dipoñibles 1000 prazas gratuítas.

Os contidos a abordar son:

  • Introdución: Galicia Turismo Rural Seguro
  • Manual para Aloxamentos Rurais ante a Covid-19: Resumo
  • Medidas de hixiene e limpeza na Zona Interior e na Zona Exterior
  • Xerencia. Persoal. Servizos externos
  • Protocolo no caso dunha sospeita de Covid-19
  • Plan de Limpeza
  • Consultas dos/das participantes
  • Información sobre a fase de implantación e consultas, así como sobre a documentación dispoñible

>> MÁIS INFORMACIÓN <<