UpdatePeme Turismo: Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas


Hoxe traémosvos un evento bastante interesante. Trátase do  UpdatePeme Turismo: Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas, organizado pola Amtega en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, que terá lugar o vindeiro xoves 23 de febreiro de 19:00h a 20:30h no Salón de actos do Edificio Cinc da  Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela).

O obxectivo da xornada UpdatePeme Turismo é coñecer, de primeira man, a experiencia de catro empresas que aplicaron aos seus modelos de negocio as tecnoloxías dispoñibles e como estas cambiaron o seu día a día. 

PROGRAMA:

  • 19.00  Apertura e presentación
  • 19.05 A aplicación das novas tecnoloxías na  comercialización turística. Enrique Lancis
  • 19.30  Mesa moderada polo Clúster Turismo de Galicia
    • Consolidadores na distribución turística. Diego Otero de Abramar viajes
    • Comunicación 2.0 para turistas. Merchi Rodal de Apartamentos Rodeiramar 2A
    • Coñece os sistemas de seguimento de prezos nas distintas canles de comercialización. Óscar Fontán do Hotel Oca Puerta del Camino
    • Descubre ferramentas de venda tecnolóxica para a reserva dun hotel. Rafael Benito do Hotel Hesperia Finisterre da Coruña
  • 20.20  Rolda de preguntas e debate

Para mais información e para a inscrición poden consultar o seguinte enlace https://cdtic.xunta.gal/updatepeme-turismo.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *