Como Facerme Socio


Fegatur é a voz que representa o turismo rural dentro do Clúster de Turismo de Galicia, ente que agrupa toda a cadea de valor do sector turístico, posicionándose como “A Voz do Turismo” frente a Administración e que aglutina ó 95% do sector turístico de Galicia.

Se tes un aloxamento de turismo no rural ou es unha Asociación de Turismo Rural e se xa descubriches todos os Beneficios e Servizos que ofrecemos aos nosos socios, podes entrar a formar parte de FEGATUR como socio/a.

Para iso simplemente deberás seguir os seguintes pasos:

PARA UNHA ASOCIACIÓN

1º.- Enviarnos a Ficha de Alta da Asociación e as Individuais de cada aloxamento. Así como os Estatutos da túa asociación, e copia da acta na que se decidiu incorporarse a FEGATUR.
2º.- Debemos comprobar que a túa asociación persigue propósitos compatibles cos de FEGATUR e que cada aloxamento cumpre cas licenzas necesarias para exercer a actividade turística. En FEGATUR tomámonos moi en serio o intrusismo de oferta ilegal.
3º.- Deberán ser ingresados na nosa conta bancaria Cuota Socio: 80€/anual x Nº Aloxamentos

Descargar Ficha de Alta aquí icono descarga

 

PARA UN ALOXAMENTO

1º.- Se non pertences a ningunha asociación, tes que enviarnos a túa Ficha de Alta cuberta cos datos do teu aloxamento
2º.- Debemos comprobar que o teu aloxamento está nun entorno rural e cumpre cas licenzas necesarias para exercer a actividade turística. En FEGATUR tomámonos moi en serio o intrusismo de oferta ilegal.
3º.- Deberás ingresar na nosa conta bancaria a Cuota de Socio: 80€/anual (por licenza turística, é dicir, por cada casa)

Descargar aquí Ficha de Alta Aloxamento icono descarga