Coa denominación de “Federación Galega de Turismo Rural” (FEGATUR) constituise en Pontedeume, o día 21 de xullo de 2003, unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ó amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, a Ley Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación e demáis disposicións vixentes.
Esta Federación pretende prestar servizos ós seus asociados, englobando as Asociacións locais ou comarcais, ó igual que fomentar o turismo rural en todo o territorio autonómico servindo como referente para o desarrollo de actividades turísticas no medio rural.
Porqué facerme socio??
Se tes un aloxamento de turismo rural ou unha asociación podes entrar a formar parte da federación como socio/a. Fegatur é a voz que representa o turismo rural dentro do Clúster de Turismo, ente que xestiona todo o relacionado en materia de turismo coa Administración e aglutina ó 80% do sector turístico de Galicia.
Os servizos que ofrecemos os socios son:
1. Seguro de Responsabilidade Civil gratuito, ca opción de contrato de póliza de seguro multirisco empresarial. |
2. Inclusión gratuita na Central de Reservas de Turismo Rural de Galicia |
3. Asesoramento legal e administrativo en temas relacionados co turismo rural de Galicia |
4. Información e tramitación de axudas e subvencións convocadas pola Administración; así como subvencións para o desenvolvemento do sector a través de accións integrais (IGAPE, AGADER, etc) |
5. Promoción do aloxamento e as súas ofertas a través dos nosos canles de venta. |
6. Adquisición gratuita (se tes licencia de TR) do programa Ruralgest para a Xestión do aloxamento, reservas online e facturación. Se tes outra licencia, prezo especial! |
7. Participación en todolos programas e proxectos de comercialización realizadas pola Federación; como Bonos Regalo, Outono gastronómico, Primavera activa, Geocaching… |
8. Representación nas principais ferias de Turismo, como FITUR, INTUR, TUREXPO, AGROTUR, WORLD TRAVEL MARKET en Londres, ITB en Berlín… |
9. Posibilidade de participar en negocios con Tour operadores nas Workshop organizadas polo Clúster de Turismo. |
10. Beneficiarte de acordos ou convenios que establecemos con empresas. |
ou Calquer negociación conxunta que os socios precisen… |
Como facerme socio?
Para darte de alta como socios consulta: http://fegatur.hl780.dinaserver.com/socios/