Proxecto Anfitrions do Turismo Lugo


O Proxecto Anfitrions encuadrada dentro do PLAN DE FORMACIÓN PRESENCIAL CULTURA DO DETALLE que dende a Secretaría de Estado de Turismo de España, coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia, está a impulsarse para mellorar o valor ofrecido ao turista que visita o noso destino.

Os cursos, dentro do Proxecto Anfitrions do Turismo, terán unha duración de 4 horas cada un e impartiranse un total de 20 cursos de temáticas distintas. Os cursos realizaranse ao longo da semana do 2 ao 6 de maio e da semana do 23 ao 27 de maio de 2016.

O perfil do alumno é o dun profesional en activo do sector turístico que está en contacto co cliente e o de mandos intermedios e propietarios que teñen ao seu cargo persoal en contacto co cliente. Trátase, por tanto, de profesionais que atenden a visitantes da zona e arredores de calquera sector.
Cada profesional pode apuntarse ao número de sesións que queira e pódense apuntar varias persoas dunha mesma organización.

 

Curso para propietarios e mandos intermedios (Proxecto Anfitrions)

LUGAR DE IMPARTICIÓN:
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Rúa Cambria s/n
27002 Lugo

Módulo 1. Coñecer ao cliente
Técnicas para realizar enquisas a clientes (4 horas) 02/05/2016 10:00 – 14:00
Claves para un sistema de atención de queixas (4 horas) 02/05/2016 15:30 – 19:30
Módulo 2. Empezar polo principio: a selección do persoal
Técnicas para a selección de persoal con vocación de servizo (4 horas) 03/05/2016 10:00 – 14:00
Deseño e posta en marcha da formación introductoria ao posto de traballo (4 horas) 03/05/2016 15:30 – 19:30
Módulo 3. Motivar para mellorar
Bases para a motivación do persoal (4 horas) 04/05/2016 10:00 – 14:00
Fórmulas fáciles para a formación continua (4 horas) 04/05/2016 15:30 – 19:30
Módulo 4. Fomentar o traballo en equipo
Mellora da comunicación e servizo entre traballadores dunha mesma empresa (4 horas)  05/05/2016  10:00 – 14:00
Dirección e animación de reunións (4 horas)  05/05/2016  15:30 – 19:30
Módulo 5. Promover acordos
Nocións básicas para dirixir con intelixencia emocional (4 horas)  06/05/2016  10:00 – 14:00
Detección, negociación e resolución de conflitos de forma positiva (4 horas)  06/05/2016  15:30 – 19:30

 

Cursos para persoal en contacto co cliente (Proxecto Anfitrions)

LUGAR DE IMPARTICIÓN:
Oficina Agraria Comarcal de Mondoñedo
Rúa Pardo de Cela, 22
27740 Mondoñedo (Lugo)

Módulo 1. Coñecer ao cliente
Tipoloxías e comportamento do cliente (4 horas) 23/05/2016 10:00–14:00
Atención a clientes con necesidades especiais (4 horas) 23/05/2016 15:30–19:30
Módulo 2. Claves da atención ao cliente
Fórmulas para acoller amablemente (4 horas) 24/05/2016 10:00– 14:00
Como mellorar grazas ás queixas dos clientes (4 horas) 24/05/2016 15:30–19:30
 Módulo 3. Comunicación efectiva
Comunicación eficaz co cliente (4 horas)  25/05/2016  10:00–14:00
Como sorrir por teléfono, correo electrónico e redes sociais (4 horas)  25/05/2016  15:30–19:30
 Módulo 4. Traballar en equipo
A importancia do traballo en equipo (4 horas) 26/05/2016 10:00–14:00
Actitude positiva e mellora continua (4 horas) 26/05/2016 15:30–19:30
 Módulo 5. Que me recomenda?
Recomenda servizos e promocións da túa empresa (4 horas)  27/05/2016  10:00–14:00
Recomenda lugares e servizos do teu destino (4 horas)  27/05/2016  15:30–19:30

PARA INSCRICIÓNS

Para poderse inscribirse aos cursos ten dúas opcións:
1. Por Teléfono: poden solicitar máis información e inscribirse a través do teléfono 666 412 521 (persoa de contacto: Ricard Edo), en horario de 10:00–14:00 e de 16:00–18:00.
2. Por Correo electrónico: Tamén pode apuntarse a os cursos enviando un correo electrónico á seguinte dirección: areacalidad@minetur.es

 

Podes consultar aquí:  Catalogo de sesiones formacion 2016

Ficha de inscripciónFicha Inscripción Cursos Anfitriones Galicia 2016

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *