Bono Regalo

60,00 con IVA incluido

Regala Galicia Rural. Una forma sencilla de disfrutar de un alojamiento con desayuno para dos personas una noche en algunas de las casas de turismo rural y hoteles rurales de Galicia

239 disponibles

SKU: BonoPlata

Descripción

Dende a Federación pensamos en crear un Bono Regalo que os clientes, asociacións ou empresas poidan comprar e regalar aos seus familiares, amigos, empregados, etc… Tratase dun Bono que permitiría desfrutar do Turismo Rural de Galicia sen pagar a intermediarios que abusan de grandes comisións que nin tan sequera declaran en España, como acontece coas caixas regalo actuais do mercado.
Estaría únicamente especializado en Turismo Rural de Galicia, fomentando os negocios locais e a difusión dos establecementos adheridos.

Podes mercar o teu bono aquí, indícanos a dirección na que queres recibilo, poder ser a túa dirección para entregar o bono persoalmente ou se o desexas podemos enviarlle o Bono regalo directamente por correo ao seu destinatario.

Unha vez que o cliente teña o Bono, poderá usalo ou regalalo a quen queira e terán un ano para gastalo dende a data de compra, puidendo escoller o aloxamento que prefiran de todolos establecementos adheridos.

O cliente terá que porse en contacto con FEGATUR, que a través da súa Central de Reservas para pedir disponibilidade e efectuar a reserva nas datas que o aloxamento teña habitacións. Unha vez alí, o cliente deberá entregar o Bono para efectuar o pago dos servizos que ten incluidos, e no caso que consumiran servizos adicionais (cea, actividades, cambio a unha suite…) deberán pagalos directamente no aloxamento.