Catálogo das Paisaxes de Galicia


Proceso de participación cidadá na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia

FEGATUR participou esta mañá nun taller transversal en Compostela para o déseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

 DSC_1578          DSC_1576

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela está a desenvolver este Catálogo como un dos instrumentos establecidos pola Lei de Protección da Paisaxe de Galicia para a xestión e ordenación das paisaxes galegas.

Un dos obxectivos principais na elaboración deste Catálogo é o de conseguir a representación da opinión cidadá dende o inicio do proceso para incorporala no resultado final. O programa de participación deseñado inclúe diversas actividades encamiñadas a divulgar e difundir o proxecto, así como a recoller o coñecemento da poboación local sobre o territorio e as súas valoracións, preferencias e opinións sobre a paisaxe.

Taller Galicia

Durante os meses de setembro e outubro celébrase unha xornada participativa en cada unha das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia para diversos axentes de cada destas rexións.

Plataforma online.

Ademais dos talleres participativos presenciais, durante os meses de Setembro e Outubro a cidadanía poderá participar a través da plataforma web Catalogo Paisaxe. Entra e fai a túa aportación!!

Coa seguridade de que a túa participación será de grande utilidade, aproveitamos para estender o convite a colaborar na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia aportando o seu coñecemento local a través deste portal web.

Poden acceder a toda información actualizada sobre o proceso participativo en http://somospaisaxe.org/catalogo-paisaxes/ e de precisar calquera outra cuestión non dubiden en nos contactar.

 
Instituto de Estudos do Territorio (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia)
Equipo técnico do Catálogo das Paisaxes de Galicia
Edificio Administrativo San Caetano
Rúa de San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela
Telf. 981 541 755 / 981 541 756
Email: atlaspaisaxe.iet@xunta.es

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.