Outono Gastronómico 2017


Dende o 15 de setembro ao 17 de decembro de 2017*, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 11º OUTONO GASTRONOMICO, patrocinado por Turismo de Galicia. Cada unha das casas rurais apuntadas a este programa ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concebidos para esta ocasión. As casas de turismo rural abren os seus comedores para ti!

Na guía publicada cada ano por Turismo de Galicia podedes consultar todos os menús e as casas de turismo rural participantes na promoción. Ademáis do “Menú Outono Gastronómico” tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o menú de outono gastronómico e pernoctar unha noite na casa de turismo rural elixida, ou gozar da oferta completa coa “Fin de semana Outono Gastronómico”. E se queres compartir coa familia esta fin de semana tan especial, podes apuntarte á oferta da “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nen@s).

*Non se inclúe na promoción a fin de semana do 8 ao 10 de decembro.

Ofertas do Outono Gastronómico 2017

Como nas anteriores edicións, cada aloxamento pode ofrecer os paquetes que máis lle conveñan, escollendo entre:

Menú Outono Gastronómico

Entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño de Denominación de Orixe galega.

30€ / 1 persoa

Paquete Outono Gastronómico

1 menú outono gastronómico por persoa, aloxamento e almorzo (noite de venres ou sábado).

120€ / 2 persoas

1 noite en MP

Fin de Semana Outono Gastronómico

2 menús outono gastronómico por persoa, aloxamento e almorzos (noites de venres e sábado).

 200€ / 2 persoas

2 noites en MP

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico + 1 neno/a

2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria e almorzos (noites de venres e de sábado).

 260€ / 3 persoas

2 noites en MP

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico + 2 nenos/as

2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dous cuartos dobres e almorzos (noites de venres e de sábado).

 300€ / 4 persoas

2 noites en MP

*Non se inclúe na promoción a fin de semana do 8 ao 10 de decembro..

Pódese consultar a guía, as casas participantes, os concursos que se porán en marcha e toda a información na web oficial.

Nesta edición participan un total de 89 casas de turismo rural, repartidas por todas as provincias: 22 de A Coruña, 20 en Lugo, 26 en Pontevedra e 21 en Ourense. Podes consultar a evolución cas pasadas edicións deste programa na Infografía Outono Gastronómico.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *