Outono Gastronómico 2016


outono gastronomico 2016Dende o 16 de setembro ao 18 de decembro de 2016*, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 10º OUTONO GASTRONOMICO, patrocinado por Turismo de Galicia. Cada unha das casas rurais apuntadas a este programa ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasión. As casas de turismo rural abren os seus comedores para ti!

Na guía publicada cada ano por Turismo de Galicia podedes consultar todos os menús e as casas de turismo rural participantes na promoción. Ademáis do “Menú Outono Gastronómico” tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o menú de outono gastronómico e pernoctar unha noite na casa de turismo rural elixida, ou gozar da oferta completa coa “Fin de semana Outono Gastronómico”. E se queres compartir coa familia esta fin de semana tan especial, podes apuntarte á oferta da “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” (1 ou 2 nen@s).

 

Ofertas do Outono Gastronómico

Como nas anteriores edicións, cada aloxamento pode ofrecer os paquetes que máis lle conveñan, escollendo entre:

outono gastronomico 2016

Menú Outono Gastronómico

Entrantes, primeiro e segundo prato, sobremesa e viño de Denominación de Orixe galega.

30€ / 1 persoa

paquete-_outono

Paquete Outono Gastronómico

1 menú outono gastronómico por persoa, aloxamento e almorzo (noite de venres ou sábado).

120€ / 2 persoas

1 noite en MP

finde-outono

Fin de Semana Outono Gastronómico

2 menús outono gastronómico por persoa, aloxamento e almorzos (noites de venres e sábado).

 200€ / 2 persoas

2 noites en MP

 familiar+1

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico + 1 neno/a

2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria e almorzos (noites de venres e de sábado).

 260€ / 3 persoas

2 noites en MP

familiar+2

Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico + 2 nenos/as

2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dous cuartos dobres e almorzos (noites de venres e de sábado).

 300€ / 4 persoas

2 noites en MP

*Non se inclúen na promoción as datas 29 e 30 de outubro e 3 e 4 de decembro.

Pódense consultar todos os menús, as casas participantes, os concursos que se porán en marcha e toda a información na web oficial.

A novidade deste ano é un bus antigo que fará promoción deste programa por as principais cidades de Galicia en horario de 10:00 a 21:00h nas seguintes datas:

Bus Promocional Outono Gastronomico 2016 Setembro: 17  A Coruña,
24  Ferrol
 Outubro: 1  Lugo,
8  Pontevedra,
15  Ourense
Novembro:  5   Vigo,
12   Vilagarcía,
19   Santiago

 

Nesta edición participan un total de 92 casas de turismo rural, repartidas por todas as provincias: 19 de A Coruña (sendo a provincia con menos casas participantes), 24 en Lugo, 26 en Pontevedra e 24 en Ourense (estas tres provincias con similar participación).

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *