Nova directiva na FEGATUR para encarar con anovadas forzas os desafíos do Turismo Rural en Galicia 1


Este pasado martes 22 de setembro a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), que agrupa a boa parte das asociacións de Turismo Rural de Galicia, celebrou Asemblea extraordinaria ca fin de elixir nova Xunta Directiva.

Asumiu a presidencia de FEGATUR, Francisco Xabier Almuíña Chorén, propietario da Casa do Romualdo, en Taboada (LUGO) e que preside a Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural.

Canda el conforman a nova Xunta Directiva da FEGATUR, Luis Filipe Rodrigues Pires (Limia Verde) na secretaría e Cesáreo González Pardal (Campo e Mar) que se encargará da tesouraría. Asimesmo asumen sendas vogalías Ana María Villamayor Torres (Mar de Compostela) e Xosé Ramón Fernández Álvarez (Lugo Costa).

En palabras do propio Francisco, os seus propósitos máis inmediatos son “abordar con imaxinación e bo ánimo os retos e traballos que se nos presentan e que compre atender”. “Adicaremos este tempo de outono a descubrir e recolectar os bos froitos do turismo rural que, dende hai anos, veñen agromando por toda Galicia”. Queremos coñecer de boca das persoas as fortalezas e oportunidades, inquedanzas e suxestións, as propostas coas que afrontar as debilidades e ameazas que como retos se nos presentan. Anímalle “a esperanza de que este achegamento vai contribuír a definir un plan de acción que sirva para abordar con ben os incertos tempos que toca vivir”.

Agradeceu o labor realizado pola anterior directiva presidida por Cesáreo González Pardal e a disposición dos asistentes para conformar a nova directiva elixida.

Todas as persoas que conformamos FEGATUR sabemos ben das dificultades vividas. Asumimos a responsabilidade que nos toca de ofrecer espazos seguros e coidados, así como a necesidade de arrimar o ombreiro no económico e no social. Somos conscientes do longo treito que como sector turístico e como integrantes das comunidades rurais nos agarda. Todas nós estamos a atravesar tempos difíciles nos que mesmo a supervivencia dos nosos establecementos fica ameazada. Aínda así resistimos. convencidas de que hai saída e de que tamén o noso grao de esforzo contribúe a minguar os padecementos das persoas que buscan no campo, na natureza e no pequeno un respiro, loitamos por nos manter.

Convencidos de que as solucións e saídas atópanse cando tentamos erguernos de novo, e alónxanse cando somentes nos lamentamos, ofrecemos a nosa experiencia para sumar esforzos e xerar sinerxías.

Desde hai meses, na FEGATUR estamos a facer o posible, e seguiremos con aínda máis insistencia se cadra, tentando dotarnos de ferramentas e recursos que nos permitan resistir o temporal e marcar o rumbo. Asimesmo vimos establecendo canles de interlocución e cooperación coas administracións públicas, institucións, asociacións e empresas, pois é evidente que ésta hoxe en día faise máis necesaria que nunca. Seguiremos a crear novas experiencias que acheguen a máis persoas ao Turismo Rural de Galicia. Só así conseguiremos recuperarnos e mellorar a oferta. Só así poderemos contribuír coas súas fortalezas. Porque ademais de espazos seguros e de calidade, da tranquilidade e a saudable vivencia de desconectar que o contacto coa natureza de Galicia ofrece, sexa na costa ou na montaña, a carón dos Camiños ou rodeados de árbores e silenzo, de arte, cultura ou lecer.

O reto máis inmediato é o relanzamento da renovada plataforma galiciaturismorural.es, que incorporará un novo motor de reservas e outras novidades, ademais do arrinque dunha campaña de marketing a partires do 1 de outubro, baixo o lema “Respira”. Dirixida ao público de Galicia, coa promoción destes valores Queremos animar a redescubrir os moitos recunchos de Galicia, a gozar ao redor dunha mesa co Outono gastronómico e das experiencias que ao aire libre se ofrecen.

A choiva, lonxe de ser impedimento para os que vivimos nesta terra privilexiada, e, neste outono de incertezas, unha boa desculpa para meternos en charcos e pisar lama… porque, ao fin e ao cabo, todos merecemos un respiro.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Una idea sobre “Nova directiva na FEGATUR para encarar con anovadas forzas os desafíos do Turismo Rural en Galicia