Curso sobre Normativa e Evaluación da Accesibilidade


De acordo coas indicacións establecidas na Estratexia do Turismo de Galicia 2017-2020, dentro da súa liña estratéxica 3: Mobilidade Turística, contempla como obxectivo estratéxico o Turismo Accesible. Nesa liña, o Plan de Accesibilidade  Turística de Galicia 2016-2019, contempla a execución dun Plan de Formación, que inclúe para este ano 2017  este curso.

DATAS e INSCRICIÓN:

A CORUÑA – 21 Novembro 2017:  INSCRICIÓN

LUGO – 23 Novembro 2017:  INSCRICIÓN

OURENSE – 30 Novembro 2017: INSCRICIÓN

PONTEVEDRA – 28 Novembro 2017: INSCRICIÓN

HORARIO:

9:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 horas

CONTIDO:

O curso destinarase a ofrecer ferramentas para diagnosticar a accesibilidade dos establecementos turísticos, coñecer a normativa respecto diso, así como as principais necesidades das persoas con discapacidade en ámbito turístico.

OBXETIVOS:

  • Ofrecer ferramentas para que os asistentes saiban auto-diagnosticar a accesibilidade dos seus establecementos e destinos co fin de ofrecer aos turistas ou visitantes unha información obxectiva e veraz.
  • Adquirir os coñecementos para a mellora da accesibilidade nas súas instalacións e servizos.
  • Orientar sobre pautas de comportamento que deben seguir os profesionais do sector turístico á hora de ofrecer os seus servizos a un turista con discapacidade.

DESTINATARIOS:

  • Profesionais de empresas turísticas e estudantes de titulacións de turismo, hostalería e carreiras relacionadas.
  • Persoal de organismos de promoción turística de Galicia (padroados, consorcios..) e responsables de oficinas de turismo.
  • Persoal das administracións públicas con responsabilidades no sector turístico (deputacións, concellos, Xunta).

 

hi

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *