Mediación multilingüe na actividade turística


Programa

A Estratexia do Turismo de Galicia 2020,  ten identificada  a necesidade da mellora da comunicación do sector turístico con clientes internacionais e que falan outras linguas.

É habitual que un traballador do sector turístico teña que dirixirse a un público no que se falan diferentes idiomas, e nestas situacións é moi útil ter unha base para poder expresarse nos principais idiomas estranxeiros e coñecer aspectos culturais dos países onde se falan estas linguas..

Así, proponse unha acción formativa para profesionais do sector turístico que ten como obxectivo principal aportar ferramentas de comunicación prácticas en 3 idiomas (alemán, francés e inglés) para facer fronte a todas as situación nas que un grupo de clientes simultaneamente fala diferentes idiomas. 

DATA: Martes 26 de novembro de 2019

HORARIO:  9.30 a 20.00 h 

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)
Estrada Santiago –Noia km. 1 A Barcia  15896 Santiago de Compostela

Nº PRAZAS: 15

DESTINATARIOS:
Guías e informadores turísticos, persoal de hoteis e restaurantes  en contacto directo coa clientela, persoal de programación e comercialización turística, outros profesionais do sector turístico en contacto con clientes estranxeiros. 

REQUISITOS MÍNIMOS:
Nivel mínimo B1 ou B2 en a lo menos 2 das linguas nas que se imparte o curso. (inglés, francés e alemán)

OBXETIVOS:
•Dar a benvida: como recibir a un grupo en diferentes idiomas
•Presentarse e presentar  a outra persoa: que dicir e como á hora de presentarse o presentar a un compañeiro/a.  Palabras clave e aspectos culturais.
•Dar indicacións: expresións específicas nos 3 idiomas.
•Informar sobre recursos turísticos: palabras clave e aspectos a ter en conta.
•Simplificar a mensaxe: é moi importante que os participantes teñan en conta técnicas sinxelas para simplificar a mensaxe á hora de dirixirse a un público non homoxéneo.
•Comunicación non verbal en distintas culturas: en cada país, xestos, accións, timbre de voz, poden ser interpretados de unha forma diferente. É importante ter coñecemento do que se pode comunicar involuntariamente, no momento de falar con grupo multilingüe.

CRONOGRAMA: 

 9.30 h. Introdución e compartir experiencias sobre como tratar con grupos de varias culturas.
10.30 h. Diferenzas culturais entre as diferentes linguas: francés, alemán e inglés.
11:30 h. Pausa café.
12.00 h. Situacións culturalmente inadmisibles para unha persoa francesa, alemá e inglesa. 
14:00 h. Xantar.
15.30 h. Como resolver unha queixa culturalmente correcta en francés, alemán e inglés.
17.30 h. Pausa café.
18.00 h. Comunicación non verbal aceptable para persoas francesas, alemás e inglesas. 
19.00 h. Demostración sobre a interacción con nativos das tres linguas e como resolver problemas e queixas. Práctica: 25 frases esenciais en cada idioma.
20.00 h. Despedida.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no curso e xantar na aula restaurante do CSHG.

INSCRICIÓN: 
Pode facer a súa solicitude para o proceso de selección a través deste formulario: pique aquí
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 981 542 592

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.