Inscrición gratuita para FITUR 2020


Estimados/as asociados/as,

Un ano máis, o Clúster de Turismo de Galicia (ente ao que pertence FEGATUR) estará presente en FITUR, que terá lugar en Madrid do 22 ao 24 de xaneiro de 2020 e por isto nos mandan a información para participar.

En canto ao procedemento de inscrición, informamos que cada profesional deberá inscribirse no “Rexistro de Profesionais” de Fitur a través da web: www.fituronline.com,  antes do 1 de novembro, a fin de obter convites profesionais de un día de xeito gratuíto. 

No proceso de inscripción é imprescindible solicitar participar no Punto de Encontro de Profesionais, aspecto que permitirá a gratuidade do pase. 


A partir do 1 de novembre os pases teñen custe. Ese convite de un día pode cambiarse por un permanente para toda a feira aboando 10€ a Fitur, promoción válida ata unha semana antes da feira.

 

MATERIAL PROMOCIONAL

En canto ao material promocional para a súa distribución dende o stand de Galicia, terá que ser entregado nos almacéns da Axencia Turismo de Galicia antes do 30 de decembro de 2019, a portes pagos e embalado en paquetes de fácil manexo, indicando no exterior o nome da feira e o remitente, ao seguinte enderezo:

 

Almacéns da Axencia de Turismo de Galicia

Referencia: FITUR 2020
Estrada Santiago-Noia, km.3
15897 Santiago de Compostela
A CORUÑA

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.