Central de Reservas Galicia Turismo Rural


 Galicia Turismo Rural

¿ Qué é GALICIA TURISMO RURAL – www.galiciaturismorural.es ?

Galicia Turismo Rural nace como un proxecto común de FEGATUR e AGATUR co obxetivo de ofrecer ao cliente final, de forma directa e en poucos pasos, a posibilidade de reservar habitacións nos aloxamentos rurais de Galicia.

Galicia Turismo Rural é, por tanto, a Central de Reservas dos aloxamentos rurais galegos  na que os voso clientes poderán realizar todo o proceso de compra da súa reserva, así como obter información sobre os recursos turísticos máis importantes do destino elexido para a súa estancia.
Somos nos, os propietarios e asociacións de establecementos rurais quenes mellor coñecemos a nosa terra, os nosos recunchos, os mellores sitios para comer, as mellores bodegas, polo que somos nos os que mellor promoción podemos facer do noso sector.

Galicia Turismo Rural é unha potente ferramenta tecnolóxica que te permitirá:

  • Promocionar e comercializar no mercado Online o teu aloxamento rural.
  • Facilitar ao teu cliente final, nuns poucos pasos e nun sitio oficial, todo o proceso de información e compra dunha estancia no teu establecemento.
  • Conectar dende este canal, con outras plataformas de venta Online, incrementando así o teu potencial de promoción, distribución e venta de maneira exponencial.
Lembra que hai moitas guías online de turismo rural, pero moi poucas centrais de reservas específicas nas que se poida realizar unha compra e moitas menos aínda exclusivas para o turismo rural de Galicia.

¿Qué coste ten incluir o meu aloxamento rural nesta plataforma?

Non hai custes fixos, so un canon comercial do 10% sobre as ventas realizadas a través deste canal. Desta forma, se non vendes estancias a través de Galicia Turismo Rural non terás que pagar nada.

¿Qué uso lle daremos aos ingresos obtidos a través do canon comercial?

O Turismo Rural de Galicia necesita invertir en promoción. Os índices de ocupación actuais teñen que mellorar para que os nosos aloxamentos rurais sexan sostibles e rentables. Por elo, FEGATUR e AGATUR comprométense  a invertir o importe íntegro do canon comercial que aportan os establecimientos a través das ventas neste canal, nun Plan de Comunicación, Promoción e Comercialización anual que transmita ao mercado unha imaxe sólida, unificada e profesionalizada do noso sector, con productos comúns ben desarrollados e que axuden a incrementar as ventas de todolos aloxamentos adheridos.
Esto supón as siguientes accións:
  • Mantemento anual do coste do Motor de Reservas.
  • Xestión e inversión en promoción a través de Internet (campañas de posicionamiento SEO e SEM).
  • Desarrollo e actualización continuos de contidos e productos.
  • Análise trimestral de resultados.
  • Campañas de E-mail Marketing.
  • Plan de Comunicación de Medios.
  • Accións Promocionais B2C e de Fidelización.
  • Accións comerciais B2B.
  • e ASESORÍA COMERCIAL para todolos asociados.

¿Qué teño que facer para incluir o meu aloxamento en Galicia Turismo Rural?

Os requisitos para participar na central son:

  1. Que o aloxamento pertenza a FEGATUR ou algunha das asociación adheridas (Ler Como facerme socio)
  2. Que teñan licenza para exercer actividade turística.
  3. Aceptar o Acordo de Adhesión e un 10% de comisión por reserva.

Podedes solicitar a participación, totalmente gratuita, cubrindo a Ficha que vos deixamos aquí e debedes enviarla ó contacto de abaixo:

descargar-icono-4811-96 Plantilla FICHA DEL ALOJAMIENTO
(necesario enviar firmada e aceptando as Condicións do ACORDO DE ADHESIÓN)

MAIS INFO

Para máis información ou calquera aclaración podedes contactar coa persoa que está a cargo do proxecto:

Patricia Cabaleiro
Telf. 622 33 88 45
Contacto: info@fegatur.org