Formarse para seguir crecendo

A realidade cambiante lévanos a estar en constante proceso de aprendizaxe. Por este motivo, dende Fegatur propómonos fomentar esta reciclaxe contínua con accións formativas propias que percibamos de interese para os asociados e que recolleremos nesta sección. Tamén tentaremos recopilar accións formativas doutras entidades que resulten atractivas para o sector.

Formación Axencia Turismo de Galicia

Oferta para o mes de setembro de 2021:

- Curso de Xestión do Cambio para Directivos de aloxamentos singulares de Galicia (80h). Prazas: 25. Prazo de inscrición ata 15 setembro.
- Cursos de Inglés para o sector turístico (12 niveis dispoñibles). Prazo de inscrición ata 15 setembro.
- Curso de Italiano Turístico Básico. Prazo de inscrición ata 13 setembro.
- Curso de Francés Turístico Básico. Prazo de inscrición ata 13 setembro.
- Cursos de conversa en Inglés no Camiño de Santiago. Prazo de inscrición ata 9 setembro.

Información completa e  formularios de inscrición AQUI

Formación online para o turismo rural

Nesta sección recollemos a oferta formativa online que de xeito gratuíto ofertan as distintas institucións públicas:
  - Centro Superior de Hostelería de Galicia

Próxima formación

Estamos traballando no lanzamento de novas formacións. Vémonos moi pronto!