Formación Plan de Accesibilidade Turística de Galicia 2016-2019


Estimad@s soci@s:

Turismo de Galicia, ten como obxectivo básico impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo. Dentro das funcións que ten encomendadas está a de realizar a difusión das actividades de formación e promoción que realiza a prol do turismo galego entre o sector turístico.

Unha das actividades incluídas é a promoción do Turismo de Accesible, na que se recollen entre outras actuacións a de apoio e colaboración no eido das persoas con discapacidade que xeren movemento turístico a Galicia.

De acordo coas indicacións establecidas na Estratexia do Turismo de Galicia 2017-2020, dentro da súa liña estratéxica 3: Mobilidade Turística, contempla como obxectivo estratéxico o Turismo Accesible. Nesa liña, o Plan de Accesibilidade  Turística de Galicia 2016-2019, contempla a execución dun Plan de Formación, que inclúe para este ano 2017 as accións formativas que se recollen a continuación:

 

  1. Curso sobre Recursos Públicos e Privados que fomentan a Accesibilidade Turística
  2. Curso sobre Normativa e Evaluación da Accesibilidade
  3. Curso sobre Turismo Accesible e Atención ao Cliente con Discapadidade e outras necesidades

 

 

MÁIS INFORMACIÓN EN:

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *