Proceso participativo de elaboración do Catálogo de Productos de Turismo Rural de Galicia


A finalidade última da elaboración do CATÁLOGO DE PRODUTOS DE TURISMO RURAL DE GALICIA – OUTONO 2018 é darlle visibilidade ao Turismo Rural de Galicia e lograr promoción turística para un período de baixa actividade (outubro-novembro). 

Formúlase como unha experiencia piloto de recopilación de propostas de produtos por parte dos establecementos de turismo rural de Galicia, tanto os aglutinados nas asociacións que forman parte de Fegatur e Agatur -entidades promotoras do proxecto-, como os que non están asociados. O Cluster Turismo de Galicia é a entidade impulsora do proxecto coa colaboración da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia.

Preténdese difundir o Catálogo a través dos medios de comunicación e soportarase sobre un espazo web, no apartado EXPERIENCIAS dentro da web GALICIA TURISMO RURAL.

 

METODOLOXÍA

metodoloxía de traballo será a seguinte:

FASE 1. Traballo con asociacións

– Xuntanza coas asociacións de turismo rural para a realización de propostas de produtos. Este proceso está finalizado.
Nota: no caso de que haxa máis asociacións de turismo rural interesadas en realizar sesións de traballo podedes solicitalas nos contactos indicados ao final deste post.

– Envio de fichas dos produtos elaborados nas sesións de traballo: enviaranse ao representante de cada asociación para a súa validación e posterior distribución entre os seus membros.

– Adhesión dos establecementos membro da asociación. Cubrirán os establecementos a partir do enlace remitido por cada asociación.

FASE 2. Proposta de produtos a través de formulario.

Os establecementos membro de Agatur e de Fegatur que o desexen, así como aqueles establementos non asociados, poden realizar propostas de produtos a través de:

Formulario aberto de proposta de produtos de turismo rural en Galicia (outubro-novembro 2018) (PREMER) (GUIÓN DO FORMULARIO)

Nota: no caso de facer máis dunha proposta, cubrir o formulario tantas veces como produtos desexe enviarnos.

Exemplos de produtos:
De seguido preséntanse algúns casos xa elaborados, tanto a ficha interna, que permite detallar como será o produto para os establecementos como a ficha externa, que se publicitará cara ao público ou cara axentes organizadores de actividades (axencias de viaxe, prescriptores, etc).

Nota 1: É importante ter en conta que os Establecementos de Turismo Rural só podemos ofertar Aloxamento e Manutención, sendo Servizos Complementarios os que oferten as empresas coas que colaboremos (empresas de turismo activo, guías turísticos, centros de interpretación, etc).

Nota 2: Tamén se conteplan distintos escenarios de produtos, ben polo perfil e número de persoas aos que vai dirixido, ben polas combinacións que se faga de aloxamento e manutención. Por ese motivo, acaban resultando moitas veces unha horquilla de prezo que vai selo resultado deses escenarios.

Exemplo 1: “Ven de finde ao Turismo Rural de Galicia” (29-30 setembro). FICHA INTERNA | FICHA EXTERNA
Nota: trátase dun produto no que se pretende que participen todos os establecementos e serva de arranque da Campaña. Por ese motivo faise unha promoción moi atractiva: goza 2 noites e paga 1.

Exemplo 2: Actividade familiarFICHA INTERNA FICHA EXTERNA

Exemplo 3: Actividade para público seniorFICHA INTERNA (provisional)

Exemplo 4: Actividade de outono. FICHA INTERNA (provisional)

Exemplo 5: WorkshopFICHA INTERNA (provisional)

FASE 3. Xuntanza de traballo co sector do Turismo Rural.

Nesta última fase convócase a todolos aloxamentos de Galicia a participar nunha sesión de traballo onde se explicará todo o aportado e poderán analizarse as propostas finais

Data e hora: 30 agosto, 17h
Lugar: Aula 1, Biblioteca da Cidade da Cultura (Google Maps) (Plano de acceso)
Obxectivos da xuntanza:
– Posta en común das experiencias propostas ata o momento
– Incorporación de propostas dos establecementos presentes
– Presentación y coordinación interna da Campaña “Con el Turismo Rural de Galicia, viaja por los caminos de otoño”


Máis info:

Para calquera cuestión ou dúbida podedes consultar a través de estudos.fegatur@gmail.com ou do teléfono 667445596 (Xosé Antón Fernández)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.