Curso sobre Turismo Accesible e Atención ao Cliente con Discapadidade


De acordo coas indicacións establecidas na Estratexia do Turismo de Galicia 2017-2020, dentro da súa liña estratéxica 3: Mobilidade Turística, contempla como obxectivo estratéxico o Turismo Accesible. Nesa liña, o Plan de Accesibilidade  Turística de Galicia 2016-2019, contempla a execución dun Plan de Formación, que inclúe para este ano 2017  este curso.

DATAS:

A CORUÑA 20 Novembro INSCRICIÓN

LUGO 22 Novembro INSCRICIÓN

OURENSE 29 Novembro INSCRICIÓN

PONTEVEDRA 27 Novembro INSCRICIÓN

HORARIO:

9:30 a 14:30 a 16:00 a 19:00 horas

CONTIDO:

O turismo accesible, os seus clientes potenciais e vantaxes para o sector, a atención ao cliente con necesidades de accesibilidade , a mellora, mantemento e xestión da accesibilidade dos establecementos e destinos turísticos, as normativas de obrigado cumprimento, os certificados de calidade e a promoción e comercialización da oferta accesible

OBXECTIVOS:

  • Dar a coñecer as vantaxes económicas e sociais que o Turismo Accesible ofrece ao sector.
  • Poñer en valor as necesidades que se deben cubrir para conseguir a plena integración das persoas con discapacidade no uso e goce das infraestruturas e servizos turísticos.

DESTINATARIOS:

  • Profesionais de empresas turísticas e estudantes de titulacións de turismo, hostalería e carreiras relacionadas.
  • Persoal de organismos de promoción turística de Galicia (padroados, consorcios..) e responsables de oficinas de turismo.
  • Persoal das administracións públicas con responsabilidades no sector turístico (deputacións, concellos, Xunta).

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *