Curso de Turismo Accesible no Camiño de Santiago


Dende a Area de Formación Continua e Consultoría da Axencia de Turismo de Galicia,  informámoslle que os próximos días 20 a 23 de marzo a Xunta levará a cabo dous cursos de formación sobre turismo accesible nas localidades de Santiago e Lugo.

 

Estes cursos están dirixidos a axentes implicados na actividade turística; propietarios de aloxamentos e restaurantes, empresas de turismo activo, guías, axencias de viaxes, tour operadores e técnicos de turismo.

 

O seu obxectivo é concienciar e formar a colectivos do sector turístico en aspectos relacionados coa accesibilidade universal. Coñecer de primeira man cales son as necesidades e motivacións para viaxar de clientes con distintos tipos de discapacidade (física, visual, auditiva e intelectual) co fin de dotarlles de ferramentas e coñecementos imprescindibles para ofrecer servizos de calidade adaptados a estas necesidades.

Como facer accesible unha instalación e de por que o turismo accesible debe contemplarse como unha oportunidade de negocio.

 

Aínda que os cursos están abertos a calquera profesional do sector, a formación está especialmente dirixida a axentes turísticos que ofrecen servizos e actividades vinculadas ao Camiño de Santiago.

 

Os cursos son totalmente gratuítos e terán unha duración de 15 horas (repartidas en 2 xornadas) e se intercalarán Sesións Teóricas e Actividades Prácticas. 

O programa completarase con mesas de experiencias para dar a coñecer iniciativas públicas e privadas orientadas á promoción do turismo accesible e cun Taller Práctico de creación de produtos turísticos accesibles no Camiño de Santiago.

INSCRICIÓN

Achegamos link cos formularios de preinscrición. Con todo se ten dificultades para cumprimentalo ou calquera tipo de consulta non dubide en poñerse en contacto connosco.

LINK SANTIAGO (20 e 21 Marzo):

Formulario de preinscripción

LINK LUGO (22 e 23 Marzo): 

Formulario de preinscripción

MAIS INFO e CONTACTO

Para máis información podedes consultar:

ESCOLA DE TURISMO ITINERANTE
CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA
email: formacioncontinua@cshg.es
Tlf:  +34 981 54 25 19
Fax: +34 981 54 25 90
www.cshg.es 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *