Curso sobre Recursos Públicos e Privados que fomentan a Accesibilidade Turística


De acordo coas indicacións establecidas na Estratexia do Turismo de Galicia 2017-2020, dentro da súa liña estratéxica 3: Mobilidade Turística, contempla como obxectivo estratéxico o Turismo Accesible. Nesa liña, o Plan de Accesibilidade  Turística de Galicia 2016-2019, contempla a execución dun Plan de Formación, que inclúe para este ano 2017  este curso.

DATA:

Venres, 24 Novembro de 2017

LUGAR:

Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). Estrada Santiago/Noia Km 1. Santiago de Compostela. Aula: Aula Room Mate (Edifico Formación Continua)

HORARIO:

9:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 horas

CONTIDO:

Buscar financiamento en concursos europeos, coñecer as subvencións a nivel estatal, autonómico e local dirixidas á promoción do turismo accesible.

OBXECTIVOS:

Dar a coñecer as canles para buscar financiamento en concursos europeos, as subvencións a nivel estatal, autonómico e local, dirixidas á promoción do turismo accesible, así como estudar as vías de co financiación coa empresa privada e as distintas fundacións que actúan en favor das persoas con discapacidade e a accesibilidade.

DESTINATARIOS:

  • Profesionais de empresas turísticas e estudantes de titulacións de turismo, hostalería e carreiras relacionadas.
  • Persoal de organismos de promoción turística de Galicia (padroados, consorcios…) e responsables de oficinas de turismo.
  • Persoal das administracións públicas con responsabilidades no sector turístico.(deputacións, concellos, Xunta).

INSCRIPCIÓN:

Pinchar aquí para rexistro en liña

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *