Preparación das Pemes Turísticas Galegas para a súa asistencia e aproveitamento das Bolsas de Contratación


CURSO GRATUITO de FORMACIÓN

Estimados Socios/as, hoxe traémosvos información que pode servos de moito interés.

A Feira Internacional de Galicia ABANCA e a Axencia Turismo de Galicia da Consellería e Presidencia da Xunta de Galicia, poñen en marcha un programa de Preparación das Pemes Turísticas Galegas para a súa asistencia e Aproveitamento das Bolsas de Contratación.

O obxetivo é dotar ás empresas turísticas galegas dos coñecementos e habilidades necesarios para comercializar eficazmente o seu producto turístico a través das canles propias do sector, tanto nacionais como internacionais. Estes coñecementos son imprescindibles na realidade actual do mercado no sector turístico, e fundamentais para incrementar o número de clientes, pois ofrecémoslle a ferramenta coa que logrará que o seu produto sexa mais atractivo e competitivo, facilitando así o peche de operacións de ventas.

Estes cursos, a pesar de ter o máximo nivel e interese, están financiados pola Secretaría Xeral para o Turismo e non suporán ningún custo para os asistentes. Para maximizar o aproveitamento do tempo, os cursos organizaranse sempre en sesións intensivas.

Para coñecer os contidos dos cursos, horarios e actividades de aplicación a desenvolver en cada módulo poden consultar a páxina: http//www.feiragalicia.com/formacionturistica/

 

METODOLOXÍA DO CURSO

Estableceranse grupos reducidos cun máximo de 16 inscritos, que deste xeito poderán participar en todas as dinámicas e expoñer as particularidades da súa empresa. O curso combinará:
– Clases presenciais (tres sesións de catro horas cada unha).
– Seguemento individual online ou telefónico.
– Sesión de posta en común tras a finalización do curso. FEEDBACK.

 

CRONOLOXÍA E CALENDARIO DO CURSO

O curso terá unha duración de 12 horas presenciais distribuidas en 3 sesións en horario de mañá ou de tarde dependendo da cidade. O seguemento online será de 6 horas para cada inscrito (entre a data de remate do curso e o comezo do feedback) e a sesión de posta en común durará 2 horas.

As datas e lugares de celebración do curso serán:

A CORUÑA | Curso  19 – 21 set 10:00 – 14:00 | feedback  4 out 10:00 – 12:00

FERROL | Curso  19 – 21 set 16:00 – 20:00 | feedback  4 out 16:00 – 18:00

SANTIAGO| Curso  21 – 23 set 10:00 – 14:00 | feedback  5 out 10:00 – 12:00

VILAGARCÍA| Curso  21 – 23 set 16:00 – 20:00 | feedback  5 out 16:00 – 18:00

PONTEVEDRA| Curso  26 – 28 set 10:00 – 14:00 | feedback  10 out 10:00 – 12:00

VIGO| Curso 26 – 28 set 16:00 – 20:00 | feedback  10 out 16:00 – 18:00

LUGO| Curso  28 – 30 set 10:00 – 14:00 | feedback  11 out 10:00 – 12:00

OURENSE |Curso  28 – 30 set 16:00 – 20:00 | feedback 11 out 16:00 – 18:00

 

MÓDULOS

Este programa, organizado pola Secretaría Xeral para o Turismo e a Feira Internacional de Galicia, establece tres módulos de formación, tras os cales os inscritos serán quenes de: – Delimitar segmentos de clientes, mercados e intermediarios axeitados, ademáis das principais canles de comercialización no sector turístico. – Definir o seu produto e as súas vantaxes competitivas e plasmar isto nos seus eixos de comunicación e promoción. – Realizar con efectividade o proceso de negociación, venda, seguemento e peche de operacións.

MÓDULO I: deseño e creación de produto

1. Análise e deseño de produto
2. Produtos existentes e lanzamento de novos produtos
3. Público obxectivo
4. Paquetización
5. Principais mercados emisores
6. Análise DAFO.
Actividades: Presentación de produto/ servizo; concepto e diferenciación. Como facer unha ficha técnica de produto. Desenvolvemento dun paquete de servizos combinados, ect..

MÓDULO II: influencia das TIC no sector turístico

1. O servizo de marketing na empresa
2. Os novos medios de comunicación e marketing online
3. Marketing relacional. Redes Sociais
4. Xestión da presencia empresarial nas Redes Sociais. A figura do Community Manager
5. Como realizar unha campaña de marketing online.
Actividades: Revisión dalgúns exemplos de material promocional. Análise dalgúns exemplos de webs, ect..

MÓDULO III: comercialización, negociación e venda

1.Tipos de clientes: axencias, GDS, portais online, centrais hoteleras
2. Cupos e periodos de release
3. Prezo, condicións económicas e políticas de cancelación
4. A entrevista de vendas
5. Secuencia de venda
6. Seguimento e peche.
Actividades: Selección de Touroperadores. Análise de exemplos de tipos de contratos, ect..

 

INSCRICIÓN

Estamos seguros de que esta oferta formativa resultará do seu interese e, dada a proximidade das datas para a celebración dos cursos, recordámoslle que debe rexistrarse no caso de poder asistir aos mesmos o antes posible mediante o formulario de inscrición que aparece na mesma web:

http://www.feiragalicia.com/formacionturistica/formulario.html

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *