Curso para a Formación de Guías Observer de Turismo Científico para as montañas de Ancarel e Courel


Os vindeiros días 29 e 30 de abril e 6 e 7 de maio celebrarase o curso para a formación de guías Observer de Turismo Científicopara o territorio Montañas de Ancares e Courel, que vén de ser certificado como destino de Turismo Científico dentro da modalidade de Reserva Científica.

O curso, cunha duración total de 30 horas repartidas en catro xornadas, impartirase en Lugo, na aula Norvet da Facultade de Veterinaria (Rúa O Carballo s/n) os días 29 e 30 de abril e na aula CeMIT da Casa da Cultura do Concello de Quiroga (Rúa Real s/n) os días 6 e 7 de maio. O horario de impartición será de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Este curso está dirixido a aqueles profesionais e empresas do sector situadas na contorna socio-económica de Ancares e Courel, así como a aquelas outras persoas que pretendan exercer as súas competencias nese mesmo territorio e necesiten formarse e especializarse en Turismo Científico para iniciar, guiar, dar a coñecer os valores da zona, concienciar para a súa conservación e dinamizar grupos neste espazo protexido en concreto.

Para a obtención do certificado será necesario asistir a un mínimo de 25 horas formativas e superar unha proba ao final do curso.

inscrición nesta acción formativa é de balde e está aberta dende este momento, podendo realizarse enviando un correo electrónico ao enderezo guias@observersciencetourism.com indicando nome e apelidos, DNI, e motivos polos que desexa realizar este curso. As prazas son limitadas, polo que rogamos que en caso de inscribirse e non poder asistir ao mínimo de horas requerido o comunique a través do mesmo medio.

En documento adxunto achégase información sobre os contidos que se van desenvolver neste curso. Non obstante, se desexa obter máis información, pode chamar aos números 881 97 96 30 e 677347259.

O proxecto de Turismo Científico das Montañas de Ancares e Courel, impulsado pola Deputación de Lugo, abarca os Concellos de A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos e Triacastela.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.