A túa web con “MasCreativos”


Dende agora, todolos asociados de FEGATUR poden beneficiarse de condicións moi ventaxosas en Márketing e Comunicación gracias ó acordo que firmamos coa empresa MásCreativos. Unha firma galega, cun gran equipo xove inda que con máis de década e media de experiencia profesional. En virtude deste convenio, cada asociado poderá levar a cabo as accións de comunicación, web, redes sociais, campañas puntuais, etc. que desexe para o seu negocio, con prezos máis axustados que os do mercado.

A comunicación é fundamental para cualquier empresa. Por moi ben que xestionemos o nóso negocio, se ningén sabe o que facemos ou que existimos, o resultado é moi incierto. En plena sociedade da información, as accións e estratexias de marketing son unha ferramenta comercial fundamental.

MásCreativos (www.mascreativos.es) xestiona contas de marketing e comunicación de numerosas empresas galegas e incluso de ámbito nacional. A cada asociado que solicite os seus servizos se lle fará unha proposta en función de cada caso concreto, con solucións a medida do cliente, xa que alguns propietarios necesitarán renovar de web e outros non, cada caso será diferente.

Se estades interesados debedes contactar con:
Begoña Fernández. Executiva de contas
Telfs. 638 183 872 – 881 607 014
Email de contacto

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *