Concurso Outono Gastronómico 2015


CONCURSO DE FOTOS   #OUTONOGASTRONOMICO2015

Presentamos un novo concurso de fotos de Instagram, aproveitando os paquetes de Outono Gastronómico

ACÉRCATE A UNHA CASA DE TURISMO RURAL ESTE OUTONO

Con motivo do inicio do programa de Outono Gastronómico estamos orgullosos de presentar este concurso. Para participar, simplemente sigue as instruccións:

  1. Sigue a @galiciaturismorural en Instagram
  2. Sube unha foto a Instagram durante a túa escapada de outono con esta etiqueta #outonogastronomico2015

O premio para, a foto máis votada na nosa conta, será un Bono Regalo de dúas noites en media pensión para dúas persoas nalgunha das nosas casas asociadas.
Valorarase que no título indiquedes o nome da casa na que estivechesdes aloxados.


Bases do concurso

Para participar debes ter unha conta en Instagram e seguir a @galiciaturismorural ata o final do concurso. Despois soamente tes que colgar as fotos de túa escapada de outono usando a etiqueta #outonogastronomico2015. Soamente serán válidas fotos colgadas dende o 11 de setembro ata o 15 de decembro de 2015.

Haberá que xustificar mediante factura que disfrutaches dun paquete de outono gastronómico en calquera das casas do programa (máis info en www.outonogastronomico2015.com).

Cada semana, se é posible, se escollerá a foto que mellor reflexe o sentido deste paquete de outono e se colgará na conta oficial de @galiciaturismorural. A partir dese momento as fotos que máis gusten dentro da nosa conta (non na foto orixinal) serán as finalistas. Entre as tres fotos máis votadas se escollerá a foto gañadora, que será decidida pola xunta directiva de Fegatur a finais de Xaneiro, tendo en conta a calidade da foto, se cumple coa temática e reflexa a esencia de outono gastronómico, a orixinalidade e a frescura, etc…

O gañador recibirá un Bono Regalo dun fin de semana con dúas noites en media pensión (almorzos e ceas) para dúas persoas que poderá utilizar en cualquera das casas socias de Fegatur.

Para canxear dito bono só se pode tramitar directamente a través de Fegatur, nunca directamente co establecemento. O uso do bono sempre estará suxeito á disponibilidade de cada casa e non é acumulable con outras ofertas ou programas e paquetes que teña o aloxamento, salvo que éste o acepte.

MAIS INFO:

Podes consultar aquí:

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.