Cómo participar no Outono Gastronómico 2015


Como ben sabedes, por esta época, chegan as bases de participación e as fichas de inscripción para o “Outono Gastronómico”, que neste 2015 xa fará a súa novena edición para os establecementos con categoría de turismo rural de Galicia.

As modalidades para participar varían dependendo de se tes autorización de Restaurante. As opcións serían:

  • Menú Outono Gastronómico = 30€ / pax
  • Paquete Outono Gastronómico = 120€ / 2 pax
  • Fin de Semana Gastronómico = 200€ / 2 pax
  • Fin de Semana familiar (con 1 neno) = 260€ / 3 pax
  • Fin de Semana familiar (con 2 nenos) = 300€ / 4 pax

As condicións de cada paquete detállanse a continuación:

  1. O “Menú Outono Gastronómico”. Será libre e deberá contar cun entrante, un primeiro prato, un segundo prato, pan, sobremesa, café ou infusións e bebida. A bebida levará incluído algún viño galego con Denominación de Orixe a determinar por cada unha das casas. A calidade do menú será axeitada ao prezo a percibir polo mesmo, que será de 30 €/persoa. Os clientes poderán optar por consumir o “menú outono gastronómico” durante o xantar ou a cea. Para ofrecer esta modalidade “menú outono gastronómico” deberase ter servizo autorizado de restaurante. Os menús deberán cociñarse e servirse na propia casa rural, respectar a composición dos mesmos e acompañarse dun viño galego con Denominación de Orixe. A elección da marca comercial é libre.

  2. O “Paquete Outono Gastronómico” consistirá en: cuarto dobre ou cuarto de uso individual (unha noite) + almorzos (un día) + menús “outono gastronómico” (un día), cobrándose  120 € para dúas persoas en cuarto dobre e 80 € para unha persoa en cuarto de uso individual

  3. A “fin de semana outono gastronómico” consistirá en: cuarto dobre ou cuarto de uso individual (dúas noites) + almorzos (dous días) + menús “outono gastronómico” (dous días), cobrándose 200 € para dúas persoas en cuarto dobre e 140 € para unha persoa en cuarto de uso individual.

  4. A “fin de semana familiar 1 neno ” consistirá en: cuarto dobre con cama supletoria (dúas noites) + almorzos (dous días) + menús “outono gastronómico” (dous días)  + “menús infantís” (dous días), cobrándose 260 €  para tres persoas, dous adultos e un neno.

  5. A “fin de semana familiar 2 nenos ” consistirá en: 2 cuartos dobres (dúas noites) + almorzos (dous días) + menús “outono gastronómico” (dous días)  + “menús infantís” (dous días), cobrándose 300 € para catro persoas, dous adultos e dous nenos.

Todas as modalidades ofreceranse durante as fins de semana comprendidas entre o 11 de setembro e o 13 de decembro de 2015 (venres, sábados ou domingos). Excluiranse as datas do 30 e 31 de outubro e 1 de novembro así como do 4 ao 6 de decembro, para non prexudicar as pontes de Tódolos Santos e da Constitución.

Os “menús infantís” serán libres, procurando en todo caso axeitalos ás peticións dos clientes.

Tódolos prezos son con I.V.E. incluído.

Haberá que enviar a ficha de participación asinada e antes da data límite do mércores 15 de xullo de 2015.

Deberanse respectar as datas oficiais da campaña ofrecendo sempre durante as mesmas os produtos do Outono Gastronómico. Se o seu establecemento non desexa realizar ese servizo nalgunha das datas comprendidas dentro da campaña, non se poderá anotar na mesma.

Non se poderán cobrar prezos diferentes aos comprometidos na campaña, nin alterar unilateralmente ningún dos compromisos adquiridos.

Se queres participar podes solicitarnos directamente a Ficha de Inscripción por email.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *