Como facer a web dunha casa rural


Iniciamos unha serie de consellos para que os propietarios de casas de turismo rural teñan en conta á hora de facer a web do seu negocio. Moitos aloxamentos queren renovar a súa web pero non saben cómo facelo. Para axudarvos a ter máis claro o que necesitades e cómo facelo imos facer unha serie de post a modo de “curso presencia online” con pequenos pero moi útiles consellos para facer ou mellorar a vosa web.

Inda que, ben é certo que hai un pequeno grupo de propietarios de casas rurais en Galicia que non queren saber nada de internet nin das redes sociais, e a estas alturas non teñen nin páxina web; esto está cambiando, e cada vez son máis as casas que queren unha boa web. Hai que ter en conta que o usuario cando busca un aloxamento, un destino ou un plan para facer o domingo,  vai a internet a buscar esa información; co cal é necesario estar en internet: Internet non é o futuro, é o presente!

hacer-mi-web

PARA QUÉ QUERO UNHA WEB

O primeiro que todo propietario debe preguntarse é para qué quere ter unha web. O obxetivo de moitos propietarios e ter unha web para estar ahí. Este é o primeiro e maior erro que se pode cometer!!! A túa web debe ter unha finalidade. Por exemplo, é lóxico pensar que a web dun aloxamento teña como finalidade vender habitacións, polo tanto:

o obxetivo da web será convertir visitas en reservas

Este obxetivo tense que meter na cabeza de todos os propietarios e obsesionarse con el. Agora se o meu obxetivo é vender habitacións, teño que deseñar toda a web para iso e facilitar a reserva ou “proceso de compra” de habitacións.

Todavía moitos propietarios de pequenos negocios non visualizan a súa web como un canal de ventas, deixando toda a súa distribución completamente en máns de terceiros; axencias online como Booking.com por exemplo.

REQUISITOS MÍNIMOS NA WEB DUNHA CASA RURAL

ResponsiveWebDesign_Blog_IMGA  web debe ser clara e sinxela. Non poñades dez pestañas con dez subpestañas, porque o cliente satúrase con tanta información. Utiliza soaemente a información relevante, todo o demáis sobra. A túa páxina web é un escaparate e como tal debe ser atractivo e que incite a comprar.

Ademáis a web deberá ser “Responsive” é dicir, que pode adaptarse a un pc, unha tablet ou un móvil.

Tamén é moi importante escoller adecuadamente o nome do dominio.

Agora o importante; inda que pensemos a web para vender habitacións hai uns apartados que son indispensables na web dunha casa rural:

INICIO

Esta é a páxina principal nada máis entrar, é a máis importante, debes diseñala atractiva e sinxela, onde se vexa a primeira vista o que queres vender, podes debuxala primeiro en papel para explicarlle a túa idea ó informático. Deber ter sempre o Teléfono a vista e o teu logo (imaxen de marca) visible. Tamén deberás incluir as ofertas ou paquetes máis destacados e un botón ou apartado que permita reservar. Unhas boas fotos nesta primeira páxina son fundamentais. Non uses presentacións con Flash.

A CASA

– SERVIZOS
– ENTORNO
– ACTIVIDADES…
Aquí podemos incluir subpestañas cos servizos que temos na casa rural, entorno, actividades, historia, etc. Sempre información que sexa relevante para os usuarios. Hai xente que prefire poñer os servizos no menú principal, esto dependerá da información que vaias a poñer en cada menú. As veces e mellor insertarlo dentro.

TARIFAS e OFERTAS

Seguramente será a pestaña máis consultada. Debe estar actualizada, se aparece un texto como “Tarifas de 2013” estaremos dando mal aspecto e creando desconfianza para que compren na miña web, inda que as tarifas sigan sendo as mesmas dende 2013. Sustituye todos esos textos por “Tarifas Oficiais” e outros textos que non queden desactualizados con facilidade. Tamén é importante Actualizar as ofertas e prezos no voso programa de Ruralgest, sobre todo se estás dentro da Central da Reservas ou se tes o Motor de Reservas Online.

RESERVAS

É a pestaña máis importante para convertir visitas en reservas. Obligatorio incluir un motor de reservas. Para abrir un canal de ventas a través da túa web tes que facilitar aos clientes a compra online e a única forma é a través dun motor de reservas. Todos os aloxamentos de turismo rural de Galicia teñen a súa disposición un software e motor de reservas que poden incorporar ás súas webs sen comisións e gratuitamente. Se está facendo un esforzo para que tódolos negocios conten cun software de xestión gratuito; aproveitémolo. Solicita o teu motor de Ruralgest se non o tes! Quen teña nesta pestaña un formulario de petición de reserva no que se introducen datas solicitadas e datos do cliente,  xa pode empezar a pensar en elimanalo, para iso xa está o Formulario de Contacto; é preferible non ter esta pestaña se non tes motor de reservas, porque o usuario pinchará nesta pestaña cando queira reservar e se atopa un formulario, as tarifas ou un calendario sen máis marchará da web a outro sitio a comprar e estaremos perdendo un cliente.

LOCALIZACION

Esta pestaña para as casas rurais é moi importante, posto que moitas veces non é doado chegar as nosas casas, pódese facer un pequeno mapa ou esquema en PDF para que os clientes descarguen da nosa web antes de viaxar. Debe contener a dirección exacta, as indicacións para GPS e un mapa de google maps ca nosa posición marcada.

CONTACTO

Engade un formulario de contacto onde os cliente poidan enviarte as súas dúbidas, peticións, etc… Moitas webs fusionan esta pestaña ca dirección é o mapa de localización para que sexa máis sinxelo aínda.

 

Nos utilizamos WordPress para esta web e recomendamos os propietarios encargar a web con esta plataforma ou similar. Esto permitirá que, sen ter coñecementos de informática, poidamos modificar ou engadir información na nosa web. O importante non é facer unha web senon traballar sobre ela, actualizala e que venda, engadindo as nosas ofertas ou promocións, enviando emails aos nosos clientes, etc…

Cando pidas presuposto para a túa web non só importa o diseño, senon que poidas manexala e actualizala despois ti mesmo de forma sinxela. Podes beneficiarte do noso Acordo con MasCreativos para conseguir os resultados que buscas para a túa web.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *