Cómo poñer un motor de reservas


Tal como falamos no post de Como facer a web da miña casa rural, un motor de reservas será indispensable para conseguir vender a través da miña web. Pero qué motor coloco na web da miña casa rural?

avantio-selling2

PORQUE COLOCAR UN MOTOR DE RESERVAS ONLINE?

Primeiro explicaremos algúns datos de porqué  deberíamos colocar un motor de reservas.

visito-la-web-del-hotel-antes-de-reservar-por-booking

Visitas a la web propia del hotel antes de reservar por Booking u otras

Pode que penses que a túa web non conseguirá nunca vender como Booking.com e non merezca a pena; pero non se trata diso, trátase de abrir outro canal de ventas que sexa totalmente controlable polo propietario.

Un recente estudo xa determinou que o 45% da xente que reserva en Booking.com consulta a web propia do aloxamento antes de facer a reserva, é o chamado “efecto-escaparate de Booking”. Esto quere dicir, que o cliente busca en Booking aloxamentos e logo busca en internet a web de cada aloxamente que lle resultou interesante. Se atopa a túa web, (que esa é outra cousa importante que xa comentaremos), tes unha enorme oportunidade para vender de forma directa pola túa web unha vez que xa está o usuario nela.

Agora ben, para facer teus ós clientes que chegaron a túa web deberás ofrecer algo máis: unha boa web, cunha boa imaxe e actualizada e logo un proceso de compra sinxelo e con mellores condicións. Tanto en Booking como na nosa web podemos poñer os prezos que queiramos, non se trata de poñer prezos máis altos (que ese é outro debate, pero porqué non vender máis caro a través de tour operadores?) senon que na nosa web podemos colocar un cupón de desconto por reserva directa (telf. ou email) ou ofrecer cancelación gratuita se fan a reserva na túa web. Non poñas o mellor prezo e condicións en Booking.com porque estas condenando ao fracaso a túa web como canal de venta.

QUE MOTOR DE RESERVAS ESCOLLO?

a) Ruralgest

O motor de Ruralgest forma parte dun software, é dicir, que necesitas instalar un programa no teu ordenador para que funcione o motor. Ten como ventaxa que o programa funciona en local, non necesitas internet, inda que logo necesitarás internet para actualizar disponibilidades e reservas.

Todos os aloxamentos de turismo rural de Galicia teñen a súa disposición este software e motor de reservas  totalmente gratuito a través de Ruralgest. Non cobran comisión por reserva. Estase facendo un esforzo para que tódolos negocios teñan un software de xestión (e polo de agora é gratuito; aproveitémolo!!!) Como xa imaxinarás hai outras alternativas no mercado tamén moi boas, pero nos recomendamos esta porque é de balde e ademáis terás un programa no teu pc que te permitirá crear facturas, facer unha base de clientes, enviar ofertas e paquetes aos clientes, enviar os partes da policía directamente, etc…

warningE non me veñas agora outra vez co recurrente “é que Ruralgest non funciona”  porque se todavía estás con eso na cabeza é que non te enteraches de nada. Esta empresa o único que te ofrece é un programa (non un canal de ventas), unha ferramenta, e asegúroche que funcionar funciona, pero es ti quen ten que escoller facer algo con ela. E inda que insertes este motor na web e teñas todo ben configurado, eso non significa que vaias a vender como churros as habitacións de repente máxicamente mañá.

Deixámosche un vídeo de cómo insertar o teu motor de reservas de Ruralgest, inda que o mellor é que directamente contactedes con eles e vos proporcionen eles o código que debedes darlle os informáticos da vosa web. Os nosos socios teñen o servicio gratuito de integración proporcionando as claves da web. Se non sabes como facelo, contacta con nós.
Solicita o motor de Ruralgest!

b) Booking Button

Moitos propietarios, que acaban de descubrir que antes non lle chegaban reservas e agora están en Booking e venden, están volvéndose tolos instalando esta ferramenta, pero ollo a longo prazo ten máis inconvintes que vantaxas.

Nos, como xa dixemos en outras ocasións,  somos da opinión de que este motor o que permite é seguir alimentando a un monstruo que vai facéndose cada vez máis poderoso e pode chegar a controlar completamente o noso negocio. A túa web debería ser o teu Canal de Ventas directo; teu e soamente teu, xa que fixeches o esforzo de facer unha web chula aproveitaa. É certo que non cobran comisións por esas reservas (pero os custes son outros) pero que pasa cando o teu aloxamento está completo para as datas que busca o cliente?? Automáticamente ofrécelle outros da túa competencia na túa propia web!!! Unha tolemia se o pensamos dende un punto de vista comercial, imaxinas que estás en nike comprando unhas zapatillas e como non hai un 36 recoméndache unhas de adidas??? Que farás a próxima vez que busques zapatillas do número 36??? Irás a ver na web de adidas directamente non?? E así regalaches un cliente valioso que estaba na túa web a túa competencia ou a Booking que é o que eles queren.

Con este botón deixas en máns de Booking o teu canal de ventas, cando xa controle o 100% dos vosos canales para vender, pode pedirvos un 25% de comisión (como xa sucede cos hoteis).

Pode que te interese leer esta reportaxe:
6 ventajas y 10 grandes inconvenientes del booking button

c) Avaibook

Existen tamén outras alternativas, como AvaiBook, que a cambio de un 1€ de comisión por reserva integra un motor na túa web; sen embargo, a versión gratis é moi limitada, soamente podes vender un número de ata 5 unidades (habitaciones), e o aspecto do motor é pouco atractivo.

Se queres un mínimo de profesionalidade deberías coller o paquete básico por 8€/mes. Ten como ventaxas que permite conectar ese calendario con outros como o de Booking, TopRural, TripAdvisor, de modo que actualizarías nun so sitio. A maior desventaxa e que cando queres meter unha reserva manualmente (estas tamén son limitadas) e esa persoa reserva 2 habitacións tes que meter unha a unha; ademáis necesitas internet permanentemente para traballar con esa ferramenta xa que está instalada na nube.

Pensa que integrar un motor de reservas non vai facer que vendas inmediatamente, hai outros factores moi importantes, como a imaxe da túa web, a presencia nas redes sociais, as túas visitas, se os usuarios atopan a túa web fácil, se lle das promoción, etc… pero é fundamental hoxe en día.

Podes deixarnos a túa opinión e dicirnos cal usas ti ou qué ferramenta paréceche a mellor para xestionar a túa casa rural.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *