Proxecto para crear unha nova Central de Reservas de Turismo Rural de Galicia 2


Os que asiduamente recibides o noso Boletíns de Novidades ou asistides as reunións de FEGATUR, xa sabedes que dende principios de ano vense traballando nun proxecto conxunto con AGATUR para renovar a antiga Central de Reservas que tiña Turgalicia.

Co peche de Turgalicia, esta plataforma quedou sen asistencia telefónica ou de persoal, inda que o certo é que dende que se creou a ferramenta online nunca chegou a funcionar como debería; seguramente porque non se fixo a promoción adecuada da nova web.

Actual Central de Reservas de Turgalicia

É por esa razón que,  tanto os propietarios de casas de turismo rural, como os clientes botan de menos ese servizo personalizado que te axudaba e orientaba para facer a túa reserva.

A IDEA do PROXECTO

Esta nova central irá enfocada ao cliente final e permitirá que éste consulte e reserve, tanto aloxamentos, como actividades nun só clic e dentro da mesma compra. Tamén poderá reservar productos de forma independiente o en forma de paquetes turísticos, como por exemplo o “Outono Gastronómico”.  Permitirá, ademáis, consultar rutas de senderismo, eventos ou festas e lugares de especial interés para visitar.

Para isto, usaremos inicialmente a división de Galicia por provincias, e a medida que crezan os aloxamentos interesados e as actividades, poderemos subdividir en zoas que se correspondan cos xeodestinos turísticos existentes. Cada destino turístico disporá de información detallada e reservable (se é o caso) de aloxamentos con disponibilidade real, de monumentos a visitar, rutas de senderismo, visitas guiadas, entradas a museos, festas e eventos de interese, actividades que se poden realizar, incluso lugares onde comer ou bañarse (como termas, pozas, fervenzas…).

Trátase dun proxecto que engloba as novas tecnoloxías para a promoción dos xeodestinos e productos turísticos, permitindo a colaboración e integración de tódolos axentes que interveñen no desenrolo  dun destino turístico. A creación dunha plataforma online que funcione para o turismo rural e que ademáis permita reservar máis servizos que habitacións é algo que veñen demandando dende fai tempo os propietarios de aloxamentos, as asociacións de turismo rural, as axencias de viaxes e sobre todo os clientes, que non saben onde buscar e reservar de forma fiable casas de turismo rural e acaban en páxinas como Booking, polas que xa entran case a metade das reservas dos aloxamentos de turismo rural dados de alta nesta axencia online.

É unha mellora necesaria para a comercialización de productos turísticos de Galicia, apostando pola innovación e a integración de tódolos axentes. Dende a Central impulsaremos  a creación de paquetes, ofertas e programas especiais atractivos para os clientes, xunto cun blog que vaia dando detalle de sitios para visitar, festas que non poden perderse… Así, poderán comprar, asesorarse e consultar directamente, dende un só punto, cualquera dos programas que lancemos despois para desestacionalizar a oferta fóra dos meses de verán.

COMO FUNCIONARÁ

Este Canal funcionará coas disponibilidades, prezos e configuracións que xa tedes introducidas no programa Ruralgest. Únicamente tedes que actualizar con frecuencia.
As reservas que entren por este canal, chegarán ós aloxamentos a través do voso programa, como habitualmente, na vosa conta de email que teñades configurada a través de Ruralgest. Éstas reservas terán unha comisión do 10% que repercutirá para o mantemento desta central e a súa promoción e posicionamento da web en internet.

COMO PARTICIPAR

Os requisitos para participar na central son:

  1. Que o aloxamento pertenza a AGATUR ou a FEGATUR; se necesita factura ou recibo de ter pagada a cuota deste 2015.
  2. Que teñan o software de Ruralgest funcionando, podese solicitar a través das asociacións.
  3. Aceptar un 10% de comisión por reserva. O cliente pagará directamente no establecemento e despois a Central enviará factura mensual de tódalas comisións

Podedes solicitar a participación, totalmente gratuita, cubrindo a Ficha que vos deixamos aquí e debedes enviarla ó contacto de abaixo:

descargar-icono-4811-96 Plantilla rellenable FICHA DEL ALOJAMIENTO

MAIS INFO

Para máis información ou calquera aclaración podedes contactar coa persoa que está a cargo do proxecto:

Patricia Cabaleiro
Telf. 622 33 88 45
Contacto: info@galiciaturismorural.es


Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 ideas sobre “Proxecto para crear unha nova Central de Reservas de Turismo Rural de Galicia