Axudas para mellorar a conectividade inalámbrica do sector Hoteleiro


O Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da entidade pública Red.es convoca o “II Programa de Alojamientos Conectados”. Despois de que máis de 400 establecementos hoteleiros en toda España, 39 en Galicia, xa se estén beneficiando do programa ‘Alojamientos con Red’, o Goberno ven de aprobar unha segunda convocatoria, que dará cobertura a máis de 1.000 empresas. Está dotada de 15 millóns de euros de orzamento, dos que preto de 2,2 millóns estarán destinados para Galicia.

O obxecto desta convocatoria é proporcionar axudas económicas para o despegue ou a mellora das redes inalámbricas en establecementos hoteleiros (hoteis, aloxamentos turísticos e campings). Deste xeito, búscase ofrecer un servizo de acceso a Internet gratuito e de calidade aos clientes, desde calquera parte do establecemento, e que permita absorber o aumento de dispositivos móbiles dispoñibles por persoa.

As axudas cubrirán entre o 50% e o 80% de cada proxecto, cun máximo de 25.000 euros e un mínimo de 3.125 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 de outubro ao 16 de novembro de 2015

II Programa de Aloxamentos con Rede

Alojamientos con Red é o II Programa de Mellora da Conectividade Inalámbrica do Sector Hoteleiro, cuxa finalidade é proporcionar axudas económicas a pemes para o despregue e mellora de redes inalámbricas de establecementos hoteleiros e campings, axeitadas as súas instalacións e que permitan ofrecer un servizo de calidade aos seus clientes desde calquera parte do aloxamento e absorver o aumento dos dispositivos móbiles dispoñibles por persoa.

Gastos subvencionables:

  • Infraestrutura hardware e software de rede necesaria para o despregue da rede inalámbrica e da súa xestión.
  • Infraestrutura de rede eléctrica necesaria para a rede inalámbrica
  • Subcontratación de servizos profesionais directamente vinculados ao despregue ou mellora da rede inalámbrica
  • Gastos de contratación dunha nova liña de acceso a Internet ou mellora da capacidade actual para dar soporte á rede inalámbrica

Orzamento dispoñible para Galicia: 2.198.876 €

Máis información: Bases de la Convocatoria ou na web REd.es

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.