Axudas Reforma-TUR


Hoxe compartimos a información sobre as axudas á adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleirosReforma-Tur, do IGAPE.

Poden consultar toda a información no seguinte enlace: http://www.igape.es/reformatur

Ademais das propias bases da convocatoria, aquí podedes atopar a seguinte documentación:

–          Listado de establecementos de venda (actualmente mais de 100)

–          Listado de establecementos hoteleiros que, de acordo co REAT, poden ser beneficiarios

–          Detalles sobre a tramitación.

Estas axudas poden ser unha boa oportunidade debido a que:

–          O seu obxecto é moi amplo: dende mobles de cociña a piscinas

–          A axuda cóbrase instantaneamente no momento da compra

–          É compatible coas axudas de turismo.

 

Ata o próximo 31 de maio está aberta esta liña de axudas a establecementos hoteleiros. Estas axudas tramítanse directaente co provedor de mateior ou equipamento e abóanse no momento da compra sen necesidade de liquidación posterior por parte do establecemento hoteleiro.

Para mais información póñanse en contacto co IGAPE a través do enderezo electrónico reformatur@igape.es

XORNADA INFORMATIVA

Con fin de explicar polo miúdo o funcionamento da axuda organizan unha xornada técnica “Reforma-Tur 19: Oportunidades de investimento nos establecementos hoteleiros” que terá lugar o xoves 25 de abril en horario de 10:00 a 11:30h en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia (rúa San Lázaro, 105).

Alí poderá coñecer as cuestións máis relevantes do programa e asistir a unha mesa redonda sobre investimentos en accesibilidade, domótica, materiais e outros equipamentos susceptibles de acollerse á axuda.

Agradécese que confirmen asistencia no teléfono 981 541 154  ou no email mat@igape.es.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.