Axudas para mellorar as infraestructuras dos aloxamentos turísticos 2019


Estimados/as asociados/as,

Acaban de publicarse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento da Comunidade Autónoma de Galicia e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2019. 

O obxecto das axudas é subvencionar os seguintes conceptos:

  1. Mellora das condicións de accesibilidade
  2. Mellora das instalacións de cara a obtención de certificados de calidade
  3. Incremento de categoría do establecemento
  4. Favorecemento da sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético
  5. Modernización das instalacións e embelecemento da contorna
  6. Renovación de equipamentos mobles

 

Os requisitos para obter as axudas son:

  • –       Estar inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT)
  • –       Ser pequena ou mediana empresa (peme)
  • –       Acreditar unha antigüedade no exercicio da actividade non inferior a 5 anos.

RESUMO: Neste enlace podedes consultar un resumo das condicións

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, expirando o 28 de febreiro.

 

Máis información na páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia:
http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions ,
Na páxina web https://sede.xunta.gal/portada introducindo no buscador o código de procedemento TU503A,
Nos teléfonos 981 54 63 64 e 981 54 74 04
E no enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.