Axudas para a mellora de establecementos turísticos 2018


Estimados asociados,

Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria para o ano 2018.

O obxecto das axudas é subvencionar os seguintes conceptos:

1. Mellora das condicións de accesibilidade
2. Mellora das instalacións de cara a obtención de certificados de calidade
3. Incremento de categoría do establecemento
4. Favorecemento da sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético
5. Modernización das instalacións e embelecemento da contorna
6. Renovación de equipamentos mobles

Os requisitos para obter as axudas son:

– Estar inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT)
– Ser pequena ou mediana empresa (peme)

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, expirando o 23 de febreiro 2018.

Máis información

  • na páxina web oficial da Axencia Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal
  • nos teléfonos 981 54 63 63 e 981 54 63 64 e
  • no enderezo electrónico: xerencia.turismo@xunta.gal.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *