Este taller dirixido a pemes e autónomos, e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar
o cambio que está a sufrir o sector turístico a través da evolución das novas tecnoloxías e o emprego das
Redes Sociais. Neste taller desvelaremos as claves de por qué unha empresa turística debe facer uso da
súa presenza na internet e de por qué debe de estar en Redes Sociais.
DATA:
08/03/2018 ás 19.00 horas
LUGAR:
Punto SmartPeme Ponteareas. Centro de Desenvolvemento Local. Lomba do Cruceiro 5 (Ribadetea) 36866 – Ponteareas
DURACIÓN
2:00 Horas
ÍNDICE DE CONTIDOS
- Contexto do Cambio
- Como afecta o turismo e ás empresas turísticas
- Social Media en Turismo e Hostalería
- Un percorrido polas Redes Sociais
- Plataformas ou foros específicos onde se opina de turismo
- Aspectos a ter en conta
O obradoiro será impartido por Eva Fernández Gómez, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión
de empresas turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector turístico en Xestión, promoción e
comercialización de destinos e empresas turísticas.
MÁIS INFORMACIÓN
Para solicitar praza ao evento:
Email: turistic.smartpeme@depo.es ou no Tel.: 886 20 20 20
Máis info: http://www.smartpeme.depo.gal/gl/eventos