O pasado venres firmouse un acordo ca Naviera Nabia pola cal as casas asociadas a FEGATUR poderán beneficiarse da venta de billetes as Illas Cíes, Illas Ons e outras excursións organizadas por esta empresa a través da súa plataforma a un mellor prezo.

Na imaxe Ana Mariño (Naviera Nabia) e Patri Cabaleiro (FEGATUR) asinan o convenio de colaboración
A través deste acordo, FEGATUR pretende aumentar o número de noites do turista en establecementos de turismo rural facilitando a reserva e compra de excursións pola ría e billetes para coñecer o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das illas Atlánticas de Galicia, sen necesidade de cambiar ou buscar outro aloxamento, ofrecendo alternativas ao turista para prolongar a súa estancia en Galicia.
O acordo supón unhas condicións máis ventaxosas para os clientes de turismo rural que tramiten os seus billetes a través das casas federadas. Éstes disporán dun código de desconto especial que deberán solicitar a FEGATUR.
Ao mesmo tempo a Naviera Nabia tamén pon a nosa disposición o seu escaparate para mostrar o turismo rural a todos aqueles que vaian nalgun barco da compañía. Neste sentido se está traballando nunha campaña de promoción a través de diferentes concursos que terán lugar ao longo do verán.