Fegatur e a Consellería de Cultura e Turismo asinan un acordo de apoio ao Turismo Rural


Despois de varios meses de conversas para desenvolver un plan de mellora do sector de turismo rural, vense de asinar no día de hoxe un acordo sectorial entre o conselleiro de Cultura e Turismo e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) no que se abordan as seguintes liñas de traballo:

1. No contexto do Programa “Galicia destino seguro”, un Plan de formación e implantación de medidas hixiénico-sanitarias ante a Covid-19 para os establecementos de aloxamento rural, que contribúa a unha inminente reapertura do sector con plenas garantías para os clientes.

Nestes momentos hai inscritas neste plan máis de 300 persoas pertencentes a case 200 establecementos, estando aberto o prazo de inscrición neste ENLACE

2. Un Plan de comercialización dixital para o sector do turismo rural no que teñan cabida os 555 establecementos de aloxamento rural que forma parte do REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas) coa matrícula TR. Abordarase a elaboración dunha plataforma que inclúa un motor de reservas e unha web con información sobre os establecementos adheridos a esta iniciativa. O obxectivo é que as reservas online de turismo rural en Galicia se poidan realizar dun xeito sinxelo e áxil, acordes coas necesidades manifestadas polos clientes e nun entorno que cada vez demanda máis un turismo tranquilo e seguro.

3. Un Plan de promoción turístico para o turismo rural dentro do proceso de nova normalidade, que potencie a crecente demanda dos xeodestinos de Galicia con presenza de ofertas de entornos naturais e de cultura e patrimonio no rural. Están previstos 4800 bonos individuais que se distribuirán entre os establecementos de aloxamento rural que se adhiran á iniciativa, de xeito que posibilitarán alongar a estadía nos mesmos. Contarase para este plan coa participación de guías de turismo e outros axentes de turismo activo e cultural.

O montante total do acordo alcanza os 186.000 euros a desenvolver ata o mes de novembro, estando prevista as primeiras actuacións para o mes de xuño e xullo, na medida en que o sector ten posto os ollos no primeiro de xullo como data maioritaria de reapertura.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.